Godflesh: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Beninho (conversa | contribucións)
Beninho (conversa | contribucións)
Liña 14:
Fall of Because, a banda que se convertería en Godflesh,<ref>{{Cita web|título=Heavy Metal Techno: JK Flesh On Futurism, DIY Culture And The Beauty Of Non-Music|url=https://www.electronicbeats.net/jk-flesh-profile/|páxina-web=Telekom Electronic Beats|data=2018-10-10|data-acceso=2020-07-09|lingua=en-US}}</ref><ref>{{Cita web|título=POGO zine - Article = Godflesh par Sean Long =|url=http://pogo.chez.com/fanzine/articles/godflesh_fr.html|páxina-web=pogo.chez.com|data-acceso=2020-07-09}}</ref> formouse no ano [[1982]] cando G. C. Green e Paul Neville, dous músicos novos que vivían en vivendas económicas no leste de [[Birmingham]], comezaron a experimentar musicalmente xunto cunha caixa de ritmos.<ref name=":0">{{Cita web|título=Fall of Because {{!}} Biography & History|url=https://www.allmusic.com/artist/fall-of-because-mn0001344004|páxina-web=AllMusic|data-acceso=2020-07-09|lingua=en-us}}</ref><ref name=":1">{{Cita web|título=JUSTIN BROADRICK Napalm Death - Godflesh - Techno Animal - Jesu - Pale Sketcher|url=https://exclaim.ca/music/article/justin_broadrick-napalm_death-godflesh-techno_animal-jesu-pale_sketcher|páxina-web=exclaim.ca|data-acceso=2020-07-09|lingua=en-ca}}</ref> Fall of Because, chamada así por unha canción de [[Killing Joke]] e un capítulo dun libro de [[Aleister Crowley]],<ref name=":2">{{Cita web|título=Justin Broadrick on The Secret History of Godflesh|url=https://www.vice.com/en_us/article/6vajmr/justin-broadrick-on-the-secret-history-of-godflesh|páxina-web=www.vice.com|data-acceso=2020-07-09|lingua=en}}</ref> aopou un batería cando Justin Broadrick, que vivía no mesmo edificio que Green e Neville, uníuse ao grupo en [[1984]] tras organizar un concerto en The Mermaid, Birmingham.<ref name=":1" /><ref name=":2" /> Nesa actuación, Fall of Because, Final (o primeiro grupo de Broadrick) e unha primeira encarnación de [[Napalm Death]] tocaron diante dunhas 25 persoas.<ref name=":2" /> Nos meses seguintes Broadrick uníuse a Napalm Death como guitarrista e a Fall of Because como batería e alterou o son destes últimos ao ensinarlles álbums de [[Swans]], [[Sonic Youth]] e [[Discharge]] a Green e Neville.<ref name=":1" /><ref name=":2" /> Con só 15 anos de idade, Broadrick dixo que "usurpara" a súa banda.<ref name=":2" />
 
Fall of Because gravou unha demo titulada ''Extirpate'' en [[1986]], que contiña varios temas que despois pasarían a ser cancións de Godflesh.<ref name=":0" /><ref>{{Cita web|título=Fall of Because Discography|url=http://www.godflesh.com/projects/fob/|páxina-web=www.godflesh.com|data-acceso=2020-07-09}}</ref> Debido a que esas gravacións non estarían amplamente a disposición do público ata [[1999]], retrospectivamente foron recoñecidas como "misteriosamente" adiantadas ao seu tempo por ''[[Exclaim!]]''.<ref name=":1" /> Posteriormente en 1986, Broadrick foi invitado a tocar a batería con [[Head of David]], levando á súa marcha de Napalm Death e pouco despois de Fall of Because en [[1987]].<ref name=":3">{{Cita web|título=Justin Broadrick {{!}} Biography & History|url=https://www.allmusic.com/artist/justin-broadrick-mn0000838180/biography|páxina-web=AllMusic|data-acceso=2020-07-09|lingua=en-us}}</ref> Entón, en marzo de [[1988]], deixou Head of David e contactou con Green en abril para reformar Fall of Because como dúo.<ref name=":0" /><ref name=":4">{{Cita web|título=Home of Metal {{!}} Godflesh biography|url=https://homeofmetal.com/the-archive/godflesh-biography/|data-acceso=2020-07-09|lingua=en-GB}}</ref> Nesa reforma Broadrick fíxose cargo da guitarra e a banda volveu a empregar unha caixa de ritmos para a percusión.<ref name=":3" /> Nese momento foi cando o grupo pasou a chamarse Godflesh.<ref>{{Cita libro|edición=2nd ed|título=The industrial revolution|url=https://www.worldcat.org/oclc/32294268|editorial=Cleopatra|data=1994|lugar=Los Angeles, CA|ISBN=0-9636193-0-6, 978-0-9636193-0-3|OCLC=32294268|apelidos=Thompson, Dave, 1960 January 3-}}</ref> Broadrick explicou o novo nome dicindo, "escoitei unha vez a alguén dicir que a música é a voz de Deus. A palabra 'God' (Deus) conxura algo inmenso e inconcebible. A parte 'flesh' (carne) é o que te afecta a nivel físico. A nosa música é forte e destructiva".<ref>{{Cita web|título=Godflesh Article|url=http://godflesh.com/articles/int5.html|páxina-web=godflesh.com|data-acceso=2020-07-09}}</ref>
 
=== ''Godflesh'', ''Streetcleaner'' e ''Pure'' ===
Inspirados pola sombría paisaxe urbana de Birmingham é pola música extrema que Broadrick lle ensinara a Green,<ref>{{Cita web|título=Justin Broadrick interview: Godflesh, growing up and anarcho-punk|url=https://www.decibelmagazine.com/2011/10/07/justin-broadrick-interview-godflesh-growing-up-and-anarcho-punk/|páxina-web=Decibel Magazine|data=2011-10-07|data-acceso=2020-07-09|lingua=en-US}}</ref><ref>{{Cita web|título=Exclusive Interview with Justin Broadrick on All Things Jesu and Godflesh|url=https://www.metalsucks.net/2013/09/18/justin-broadrick-interview/|páxina-web=MetalSucks|data=2013-09-18|data-acceso=2020-07-09|lingua=en}}</ref> Godflesh adquiríu un ton claramente máis pesado que o de Fall of Because, inspirado principalmente por [[The Cure]].<ref name=":2" /> En [[1988]] a banda estableceu a súa presenza na escena da música underground co lanzamento do EP ''Godflesh'' a través do selo Swordfish.<ref name=":5">{{Cita web|título=Godflesh - Godflesh {{!}} Songs, Reviews, Credits {{!}} AllMusic|url=https://www.allmusic.com/album/godflesh-mw0000204753|data-acceso=2020-07-10|lingua=en-us}}</ref><ref>{{Cita web|título=Home of Metal {{!}} Band Information|url=https://homeofmetal.com/the-bands/godflesh/band-information/|data-acceso=2020-07-10|lingua=en-GB}}</ref> Ese EP, considerado a fonte do metal industrial xunto co álbum de [[Ministry]] de 1988 ''[[The Land of Rape and Honey]]'',<ref name=":5" /><ref>{{Cita web|título=Godflesh {{!}} Biography & History|url=https://www.allmusic.com/artist/godflesh-mn0000561715/biography|páxina-web=AllMusic|data-acceso=2020-07-10|lingua=en-us}}</ref> combinaba ritmos industriais programados, voces distorsionadas, guitarras graves e riffs de baixo para crear o son polo que Godflesh sería coñecido.<ref name=":3" />
 
Pouco despois do lanzamento de ''Godflesh'' a banda gravou utro EP titulado ''Tiny Tears'' formado por catro cancións curtas e ásperas.<ref name=":6">{{Cita web|título=ASK EARACHE: Godflesh -'Tiny Tears' 12inch?|url=http://askearache.blogspot.com/2006/08/godflesh-tiny-tears-12inch.html|páxina-web=ASK EARACHE|data=2006-08-22|data-acceso=2020-07-10|apelidos=Digby}}</ref> Antes do lanzamento deste EP a banda fichou pola discográfica [[Earache Records]], e o fundador do selo, Digby Pearson, convenceu a Broadrick e a Green para que almacenasen ''Tiny Tears'' e usasen os seus temas como cancións extra do seu primeiro álbum.<ref name=":6" /> A banda accedeu e en [[1989]] publicouse ''[[Streetcleaner]]'', que sería aclamado pola crítica e foi recoñecido como un fito da música [[heavy metal]]. En ''Streetcleaner'' Neville regresou á banda, desa vez como segundo guitarrista. O álbum definíu aínda máis o son de Godflesh, destacando sobre outros discos de metal con produción pouco común que enfatizaba os ritmos mecánicos e un baixo percusivo sobre a guitarra.<ref>{{Cita web|título=The 100 Greatest Metal Albums of All Time|url=https://www.rollingstone.com/music/music-lists/the-100-greatest-metal-albums-of-all-time-113614/|páxina-web=Rolling Stone|data=2017-06-21|data-acceso=2020-07-10|lingua=en-US|nome=|apelidos=|nome2=|apelidos2=}}</ref> ''Streetcleaner'' considérase particularmente pesado e sombrío.
 
Entre febreiro de marzo de 1991 Godflesh regresou ao estudio para gravar o EP ''[[Slavestate]]'', no cal a banda experimentou co dance e máis elementos electrónicos.<ref>{{Cita web|título=Slavestate - Godflesh {{!}} Songs, Reviews, Credits {{!}} AllMusic|url=https://www.allmusic.com/album/slavestate-mw0000095296|data-acceso=2020-07-10|lingua=en-us}}</ref> En abril dese ano o grupo comezou a súa primeira xira por [[Norteamérica]], ao lado dos seus compañeiros de selo [[Nocturnus]] e Napalm Death.<ref name=":4" /> Segundo Mike Browning de Nocturnus, á meirande parte dos concertos das 45 datas asistiron entre 200 e 300 persoas.<ref name=":7">{{Cita libro|edición=Revised and expanded death-luxe edition|título=Choosing death : the improbable history of death metal & grindcore|url=https://www.worldcat.org/oclc/952979013|lugar=New York|ISBN=978-1-935950-16-5, 1-935950-16-9|OCLC=952979013|apelidos=Mudrian, Albert, 1975-}}</ref> Godflesh perdeuse o primeiro concerto debido a problemas cos seus permisos, pero conseguíu chegar á segunda data no L'Amour de [[Brooklyn]].<ref name=":7" /> O local estaba cheo, e cando Godflesh saíu ao escenario a súa caixa de ritmos fallou e a banda non continuou. Tras conseguir unha caixa de ritmos nova, Broadrick e Green programárona apresuradamente para ter listas catro cancións para o seu terceiro concerto no Channel en [[Boston]]. A pesar desa dificultades inciciais, o rest da xira marchou ben e Godflesh tivo unha recepción sorprendentemente positiva. ''Slavestate'' publicouse en xullo, despois de rematar a xira. En agosto e outubro de [[1991]] tanto Broadrick como Green foron convidados a gravar ''[[Buried Secrets]]'' (1992), en EP de [[Painkiller]].
 
== Discografía ==