Acoirazado Bismarck: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breobot (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Breobot (conversa | contribucións)
m Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores)
Liña 36:
|aparello =
|sensores =
|blindaxe = ·CinturónCinto: 145–320 mm
·Cuberta acoirazada: 80–120 mm
·Mamparo antitorpedo: 45 mm
·Torretas: 130–360 mm
·Barbetas: 220-340 mm
·Torre de mando: 220-360 mm
|armamento = ·8 canóns de 380/50 mm
·12 canóns de 150/55 mm
·16 canóns AA de 105/65 mm
·16 canóns AA de 37 mm.
|guerra_electrónica =
Liña 107:

=== A persecución ===
Decididos a vingar o afundimento do ''Hood'', o británicos reuniron todas as unidades posibles para perseguir ao ''Bismarck''. Durantes as primeiras horas da tarde do [[24 de maio]] realizouse un ataque por parte dun pequeno grupo de biplanos torpedeiros [[Fairey Swordfish|Swordfish]] do 825 Naval Air Squadron do portaavións ''Victorious''. Conseguíuse un impacto que matou a un tripulante (a primeira vítima no ''Bismarck''); porén, o estoupido só causou danos superficiais no cinturóncinto blindado do barco. O efecto do ataque reabriu as primeiras "feridas" do ''Bismarck'' debido ás sacudidas das accións evasivas e ao disparo das armas anti-aéreas. As mamparas danadas tamén se soltaron facendo que se inundase completamente a caldeira dianteira, que foi abandonada.Lütjens ordenou entón reducir a velocidade a 16 nós mentres se reparaba o barco.

Durante un tempo o ''Bismarck'' se mantivo controlado a longa distancia polos británicos. Sobre as 03:00 do [[25 de maio]] o barco tomou vantaxe sobre os seus opoñentes zigzagueando e realizando un xiro de tres cuartos detrás dos seus perseguidores escapando cara o leste e despois cara o sueste. O contacto perdeuse durante catro horas, porén, talvez polo temor das capacidades dos rádares británicos, aparentemente os alemáns non se decataron da súa boa sorte. Lütjens, por razóns que non están claras pero posiblemente crendo que o ''Bismarck'' aínda estaba sendo perseguido (a pesar de recibir unha comunicación do Grupo Norte dicíndolle o contrario), transmitiu unha mensaxe de radio de media hora ao cuartel xeral, que foi interceptada dándolle así aos británicos unha indicación de onde se atopaba; porén, un erro de trazado no ''King George V'', onde o almirante John Tovey, comandante da Home Fleet británica, estaba liderando a persecucución, calculou mal a posición do ''Bismarck'' e causou que a cacería virase demasiado cara o norte. O ''Bismark'' puido entón avanzar a bo ritmo entre os días 25 e 26 de maio na súa viaxe cara [[Francia]].