Xosé Ramón Fernández-Oxea: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas.) #IABot (v2.0
Sen resumo de edición
Liña 13:
== Traxectoria ==
Influenciado polo ambiente familiar —era fillo de [[Pío Ramón Ojea|Pío Ramón Oxea]] (Allariz 1869-Ourense 1943), militante nacionalista e mestre da escola normal, e neto de Elixio Oxea quen presidira a [[Asociación Regionalista Gallega]]<ref>{{Cita publicación periódica |nome=X. R. |apelidos={{Versaleta|Ermida Meilán}} |título=O bo de Ben-Cho-Shey |url=http://www.terraetempo.gal/artigo.php?artigo=1467&seccion=4 |xornal=[[Terra e Tempo]] |data=5/4/2011 }}</ref>— Ben-Cho-Shey participou activamente moi novo nos movementos galeguistas como as [[Irmandades da Fala]], sociedade na que aparece entre os membros fundadores en Ourense. Nesta época son habituais as colaboracións no xornal voceiro da organización ''[[A Nosa Terra (1916)|A Nosa Terra]]'', asinadas co pseudónimo Xan Fouciño e móvese dentro do círculo do [[Grupo Nós]].
 
[[Ficheiro:Anuncio de La Zarpa.jpg|miniatura|Anuncio de ''La Zarpa''.]]
En 1920 foi destinado a [[Marrocos]] onde adoptou o pseudónimo de ''Ben-Cho-Shey'' para asinar as crónicas de [[Guerra do Rif]] que enviaba ao diario ourensán ''[[La Zarpa]]''. Estes textos, posteriores ao [[Batalla de Annual|Desastre de Annual]] de [[1921]], foron logo recompilados e publicados co título de ''Crónicas de Marruecos: tras la Rota de Annual''.
 
Liña 19:
 
A finais da [[década de 1920]] viaxou por [[Francia]] e [[Bélxica]] cunha [[Bolsa de estudos|bolsa]] polas [[deputación]]s galegas para perfeccionar a súa formación pedagóxica. Alí comprobou de primeira man o emprego de novas metodoloxías e apreciou a realidade socio-lingüística daqueles países, o que o levará a reflexionar sobre a necesidade da presenza da [[lingua galega]] no [[Educación primaria|ensino primario]].
[[Ficheiro:Ben-Cho-Shey, Risco e Otero, no pazo Gaión de Ourense, na viaxe que fixeron a Santo André de Teixido, 1927.jpg|300px|miniatura|Ben-Cho-Shey, [[Vicente Risco|Risco]] e [[Ramón Otero Pedrayo|Otero Pedrayo]] durante unha ''[[Pelerinaxes I|pelerinaxe]]'' en 1927.<ref>[[Fundación Penzol]] - X. F. (8/2/2020) [https://www.lavozdegalicia.es/noticia/cultura/2020/07/08/peregrinar-coa-xeracion-nos-tempo-real/0003_202007G8P33992.htm "Peregrinar coa Xeración Nós en tempo real"] ''La Voz de Galicia''.</ref>]]
 
En [[1928]] ingresou no [[Seminario de Estudos Galegos]]. Dous anos despois fórmase con Manuel Gómez Moreno en Arte e Arqueoloxía. Casou en 1931 con Isabel Algarra, de [[Linares, España|Linares]], [[Provincia de Xaén]]. No ano 1931 é un dos membros fundadores do [[Partido Nazonalista Republicán de Ourense]]. En 1935 ingresou por oposición na Inspección do Ensino Primario. É destinado a [[Lugo]] onde vai presidir o [[Partido Galeguista (histórico)|Partido Galeguista]].
[[Ficheiro:Cargos contra José Ramón Fernández. Primero, es galleguista.pdf|miniatura|Cargos contra José Ramón Fernández. ''Primero: es galleguista…'']]
Pola súa traxectoria galeguista ao comezo da [[Guerra civil española|guerra civil]] as novas autoridades suspendérono nas súas funcións en 1937, e foi desterrado a [[Cáceres]]. En [[1951]] pediu traslado a [[Toledo]] e viviu en [[Madrid]]. Desde alí impulsou numerosas iniciativas culturais a prol de Galicia. Participou activamente no Centro Galego daquela cidade, mesmo impartindo conferencias en lingua galega, actitude insólita naquel tempo. Así, en novembro de 1952, disertou sobre a vida e obra do [[polígrafo (autor)|polígrafo]] ourensán [[Arturo Vázquez Núñez]] no centenario do seu nacemento. A súa presenza en Madrid foi un soporte fundamental para o [[Diáspora galega|galeguismo da emigración]] e grupos literarios como o [[Grupo Brais Pinto|Brais Pinto]] ou, máis tarde, no [[Club de Amigos de la UNESCO de Madrid|Club de Amigos da Unesco]].<ref>{{Cita novas ||nome=M. |apelidos={{Versaleta|Valcárcel}} |ligazónautor=Marcos Valcárcel |título=Ben-Cho-Shey contra a diglosia |url=https://www.elcorreogallego.es/lo-mas/lo-mas-visto/ecg/ben-cho-shey-diglosia/idEdicion-2008-07-06/idNoticia-320196/ |data=6/7/2008 |xornal=[[El Correo Gallego]] }}</ref>
 
A [[Real Academia Galega]] nomeouno membro correspondente en [[1943]].<ref>[https://academia.gal/plenario?p_p_id=ManageChairs_WAR_ragportal&p_p_lifecycle=0&p_p_state=normal&p_p_mode=view&p_p_col_id=column-1&p_p_col_count=1&_ManageChairs_WAR_ragportal_action=listNoAcademic&_ManageChairs_WAR_ragportal_selLetter=R Membros da Academia. Correspondentes] Real Academia Galega.</ref> Foi correspondente, tamén, da [[Real Academia da Historia|Real Academia de la Historia]], do [[Instituto de Coimbra]] e da [[Sociedade de Geografia de Lisboa]]. Xubilouse en 1966. En [[1981]] foi nomeado membro de honra da [[Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega|Asociación de Escritores en Lingua Galega]].<ref name="AELG">[http://www.aelg.gal/centro-documentacion/autores-as/benchoshey Membro de honra. 1981] Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega.</ref>
 
Humorista e literato, é moi coñecido pola maior recolleita feita nunca sobre o [[barallete]], a fala dos afiadores, e máis polo seu epitafio, localizado no [[Cemiterio de San Francisco de Ourense|cemiterio de San Francisco]], en [[Ourense]]:
Liña 72:
|Ficheiro:Ben-Cho-Shey en Tetuán, 1922.jpg|Ben-Cho-Shey, de uniforme, en [[Tetuán]], en 1922.
|Ficheiro:Ben-Cho-Shey fotografado nos seus anos de mocidade.jpg|Nos seus anos de mocidade.
[[|Ficheiro:Anuncio de La Zarpa.jpg|miniatura|Anuncio de ''La Zarpa''.]]
|Ficheiro:Ha acordado suspender de empleo y sueldo a José Ramón Fernández Ojea. 25 de mayo de 1937.jpg|Suspensión de emprego e soldo, inhabilitación e traslado. 1937.
|Ficheiro:Hoja de servicios, José Ramón y Fernández, nacido en 5 de abril de 1896.pdf|Folla de servizos. ''Escalafón de Inspectores de Enseñanza Primaria''.
Liña 77 ⟶ 78:
 
== Notas ==
{{Listaref|0230em}}
 
== Véxase tamén ==