Lingua mirandesa: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 32:
 
== Características ==
O mirandés ten unha fonoloxía, morfoloxía e sintaxe distinta, e foi diferenciada polo menos dende a formación dode Portugal ([[século XII]]). Ten as súas raíces do latín falado no norte da [[Península Ibérica]]. É un descendente da antiga lingua leonesa do norte da Iberia, o derradeiro remanente da antiga lingua do [[Reino de León]], e atópase fortemente ligado á [[lingua leonesa|lingua leonesa moderna]] e á [[lingua asturiana]]. Porén, estas amálgamas do territorio español non afectaron o mirandés, o cal preserva distintas diferenzas lingüísticas tanto do portugués como do castelán. Tamén mantén unha forte ligazón co léxico dalgúns dialectos rexionais portugueses.
 
No [[século XIX]], [[José Leite de Vasconcelos]], describiuno como ''«a lingua das granxas, do traballo, do fogar e do amor entre os mirandeses''». Dende 1986/87 a lingua ensínase aos estudantes entre os dez e once anos de idade, volvendo así a rexurdir.