Iraq: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Recuperando 6 fontes e etiquetando 1 como mortas.) #IABot (v2.0.1
Liña 102:
O rei Gazi gobernou como cabeza figurativa despois da morte do rei Faisal en 1933, mentres tanto foi minado por diversos intentos de golpes militares, ata a súa morte en 1939. Gazi foi seguido polo seu fillo menor de idade, [[Faisal II de Iraq|Faisal II]]. O seu tio 'Abd al-Ilah actuou como rexente durante a minoría de idade de Faisal.
 
En 1946, grandes folgas sacudiron a [[ Kirkuk]]. Os manifestantes denuncian as condicións de traballo, pero tamén a dominación británica sobre a compañía petroleira. Os líderes políticos dos partidos progresistas son encarcerados. En 1948, cando o goberno asinou un novo tratado de alianza co Reino Unido, producíronse manifestacións masivas. A monarquía perde o control das rúas por uns días. A lei do estado de emerxencia aplicouse inmediatamente e Nouri Said, un veterano da monarquía que xa asumira moitas veces o liderado do goberno, regresou ao poder e introduciu leis anticomunistas. O Secretario Xeral do [[Partido Comunista Iraquí]], Youssouf Salman, é aforcado e os xornais censurados. A partir de 1954, a pertenza ao Partido Comunista levou á perda da nacionalidade.<ref name=":1">{{Cita web|url=https://orientxxi.info/spip.php?action=ia_nojs&retour=%2Fmagazine%2F1958-quand-l-irak-decouvrait-l-esperance-revolutionnaire%2C2550|título=1958. Quand l’Irak découvrait l’espérance révolutionnaire|dataacceso=20 de novembro de 2019|páxina-web=Orientxxi.info}}{{Ligazón morta|data=xullo de 2020 }}</ref>
 
A inmensa pobreza no campo está a obrigar a moitos agricultores para trasladarse aos suburbios urbanos e causando algunhas tensións sociais. En 1955 no contexto da [[guerra fría]], o Reino do Iraq entrou no [[Pacto de Bagdad]] e uniuse aos Estados Unidos. A alianza do goberno cos estados occidentais promove o desenvolvemento do exército.<ref name=":1" />
Liña 119:
A partir de [[1976]] Al-Bakr empezou a delegar maiores funcións no seu lugartenente, [[Saddam Husayn]] membro destacado do revolucionario [[Partido Árabe Socialista Baaz]] e, logo, da facción iraquí do partido e da súa organización rexional, Saddam xogou un rol clave no golpe de 1968 (logo denominado «[[Revolución do 17 de xullo]]»), que levou á rama iraquí do partido ao poder no país. Por influencia de Saddam, en [[1978]] prohibiuse toda actividade política diferente á do Baath. Ao ano seguinte, o [[16 de xullo]] de [[1979]], Al-Bakr renunciou aos seus cargos pouco despois de cumprir os 65 anos e transferiullos a Saddam Husayn, quen prontamente expulsou do goberno aos antigos funcionarios leais á Al-Bakr e que máis adiante pasaría a ser ditador de Iraq durante 24 anos.<ref name=":3">{{Cita web|url=http://www.cidob.org/biografias_lideres_politicos/asia/irak/saddam_hussein#1|título=Saddam Hussein: Presidente de la República (1979-2003), vicepresidente (1968-1979) y primer ministro (1979-1991, 1994-2003)|dataacceso= 9 de xullo de 2020|páxina-web=CIDOB |lingua=es}}</ref>
 
En 1979, tivo lugar a [[revolución iraniana]]. Despois de meses de incursións transfronteirizas entre os dous países, Saddam declarou a guerra contra Irán en setembro de 1980, iniciandose deste xeito a [[guerra Irán-Iraq|guerra iranio iraquí]] (ou primeira guerra do golfo pérsico), que case durou oito anos<ref>{{Cita publicación periódica|url=https://www.foreignaffairs.com/articles/iran/1988-06-01/iran-iraq-war-military-analysis|título=The Iran-Iraq War: A Military Analysis|nome=David|apelido=Segal|xornal=Foreign Affairs|data=28 de xaneiro de 2009 |páxina=www.foreignaffairs.com |data-acceso= 9 de xullo do 2020 |lingua=en}}</ref> e orixinou que os [[Occidente|países occidentais]] se puxeran na súa contra. Aproveitando o caos posterior á revolución en Irán, Iraq capturou algúns territorios no suroeste de Irán, pero Irán recuperou todos os territorios perdidos en dous anos, e durante o seguintes seis anos Irán estivo á ofensiva.<ref>{{cita libro|apelido=Karsh|nome=Efraim|título=The Iran–Iraq War, 1980–1988|ano=2002|editor=Osprey Publishing|lugar=Oxford, Oxfordshire|isbn=978-1841763712}}</ref> No marco da citada guerra iranio iraquí, Saddam Husayn cometeu unha serie de matanzas na [[Kurdistán iraquí|rexión kurda]], ao norte de Iraq, que foron cualificadas por varios países como [[xenocidio]].<ref>{{Cita publicación periódica |url=http://www.hurriyetdailynews.com/british-parliament-officially-recognizes-kurdish-genocide--.aspx?pageID=238&nID=42182&NewsCatID=351 |título=British Parliament officially recognizes 'Kurdish Genocide' |xornal=hurriyet Daily News |data-acceso= 9 de xullo do 2020 |lingua=en}}</ref> A matanza, coñecida como [[Operación al-Anfal]], saldouse coa destrución de 4500 poboacións<ref>{{cita web |autor= Pedro González |url=http://www.zoomnews.es/34858/actualidad/punto-galaxia/olvidado-genocidio-kurdos-las-armas-quimicas-sadam-husein |título=El olvidado genocidio de los kurdos por las armas químicas de Saddam Husein |data-acceso= 9 de xullo do 2020 |urlarquivo= https://web.archive.org/web/20170215202029/http://www.zoomnews.es/34858/actualidad/punto-galaxia/olvidado-genocidio-kurdos-las-armas-quimicas-sadam-husein |data-arquivo=15 de febreiro de 2017 |lingua=es |urlmorta=si }}</ref> e aldeas, e co asasinato de ao redor de 180&nbsp;000 civís.<ref>http://www.sptimes.com/2007/06/25/Worldandnation/Iraq_to_hang__Chemica.shtml</ref> A campaña de exterminio tivo lugar entre os anos 1986-1989, e nela levaron a cabo ofensivas directas, bombardeos aéreos, destrución de cidades, deportacións, fusilamentos e ataques con [[Arma química|armas químicas]]. A guerra química tivo episodios como o [[Ataque químico a Halabja|ataque a Halabja]], cidade que foi bombardeada con [[gas mostaza]], e os gases nerviosos [[sarín]], [[tabún]] e [[VX]], provocando 5000 mortos nunha noite.<ref>{{Cita publicación periódica
|url= http://www.dw.de/las-minor%C3%ADas-de-irak/a-808377 |título=Las minorías de Irak |xornal= Dw |data= 14-03-2003 |data-acceso= 9 de xullo de 2020}}</ref> Estes ataques eran deseñados polo primo de Saddam, [[Ali Hassan al-Mayid]], coñecido como ''Alí o Químico''.