Dream Theater: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breobot (conversa | contribucións)
m Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores)
Liña 23:
En [[1997]], Magna Carta Records enviou unha invitación a Mike Portnoy para formar un [[supergrupo]] co seu compañeiro John Petrucci mais o baixista [[Tony Levin]] e o teclista [[Jordan Rudess]]. O proxecto, concibido co nome de [[Liquid Tension Experiment]], serviu para que Rudess coñecese a Petrucci e Portnoy, que o convidaron a unirse á súa banda. A resposta afirmativa de Rudess significou un novo cambio de membro, e Derek Sherinian formou [[Planet X]].
 
O primeiro disco con esta nova formación saíu á venda en [[1999]] co nome de ''[[Metropolis, Pt. 2: Scenes from a Memory]]'', derivado dunha canción de ''Images and Words'' titulada "Metropolis, Pt. 1". ''Metropolis'' foi catalogado como un dos mellores discos da banda tanto pola crítica como polo público. Tras este álbum, a banda embarcouse nunha xira que a levou por unaunha grande cantidade de países, gravando un [[DVD]] en directo en [[Nova York]] que foi publicado como ''Metropolis 2000: Scenes from New York''.
 
Catro anos despois de que Dream Theater pedise a EastWest Records gravar un álbum dobre, a discográfica cedeu ás pretensións do grupo, que entrou no estudio a gravar ''[[Six Degrees of Inner Turbulence]]''. O álbum divídese en dous discos: o primeiro contén cinco cancións de entre cinco e trece minutos, mentres que o segundo contén unha única canción ("Six Degrees of Inner Turbulence") de corenta e dous minutos, a máis larga da discografía do quinteto. O resto do ano, cada uno dos membros do grupo dedicouse a outros proxectos.