Iraq: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
→‎Saddam Husayn: texto traido desde a wiki .es:Irak#Irak_independiente
→‎Saddam Husayn: poño foto
Liña 122:
|url= http://www.dw.de/las-minor%C3%ADas-de-irak/a-808377 |título=Las minorías de Irak |xornal= Dw |data= 14-03-2003 |data-acceso= 9 de xullo de 2020}}</ref> Estes ataques eran deseñados polo primo de Saddam, [[Ali Hassan al-Mayid]], coñecido como ''Alí o Químico''.
 
[[Ficheiro:Operation Desert Storm 22.jpg|miniatura|Pozos de petróleo kuwaitíes arden durante a Guerra do Golfo.]]
En 1990 tras chegar ao fin do conflito con Irán, desatouse o conflito coñecido como a [[Guerra do Golfo]]. Por mor de discusións en torno ao prezo do petróleo, Saddam ordenou unha nova invasión para anexionarse [[Kuwait]]. Unha coalición de tropas internacionais de 34 países, liderada polos Estados Unidos, lanzan en xaneiro de 1991 a ''Operación Tormenta do Deserto''. Como contraofensiva, Iraq bombardeou cidades de [[Israel]] e [[Península de Arabia|Arabia]] con mísiles [[Scud]]. Finalmente Kuwait foi liberado e a súa soberanía restituída, aínda que Husayn continuou no poder. En 1993, Saddam anunciou a entrada da [[Campaña de fe]] nun contexto onde tanto a crise de sancións internacionais como o impacto psicolóxico das dúas guerras do golfo cuestionaran o liderado Baaz. Con esta campaña Saddam buscaba unha lexitimidade islámica. Á guerra sucedeulle unha década de sancións a Iraq, e conflitos entre o goberno e as minorías xiíta e kurda, que eran [[Represión|reprimidas]] e [[tortura]]das, que desencadeou a [[Operación Raposo do Deserto]] en 1998.
[[Ficheiro:SaddamStatue.jpg|miniatura|Derriba da estatua de [[Saddam Husayn]] que presidía a [[praza Firdos]] de [[Bagdad]] (abril de 2003).]]