Mega Drive: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breobot (conversa | contribucións)
m Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores)
Breobot (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 150:
* Os xogos introducíanse mediante un cartucho da Mega Drive coa forma xaponesa, aínda que un pouco máis pesada. As etiquetas eran prateadas e vermellas e só tiñan o texto "Mega-Tech" impreso nelas. Estes cartuchos non son compatíbeis cunha Mega Drive/Genesis normal por mor da información extra que conteñen para arrincar o segundo monitor, e as diferenzas na distancia no extremo do conector, número de pins, pins de saída, e o espazo.
* Unha segunda pantalla, máis pequena, de nove polgadas, está situada na parte superior do bastidor. Mostraba as instrucións de cada un dos xogos.
* O usuario paga por certa cantidade de tempo. Cando o tempo estea a piques de rematar a pantalla verde produce unhasuns refachos de luz verde para avisar o usuario de que é preciso meter máis cartos para continuar o xogo.
 
A '''Mega Play''' foi outro sistema arcade como Mega-Tech, mais esta só tiña capacidade para catro cartuchos e non podía reproducir xogos de Master System. Os cartuchos tiñan forma semellante aos xaponeses para a Mega Drive, aínda que incompatíbeis coa Mega Drive para consumidor ou os sistemas Mega-Tech.