Fernando VII: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
→‎Regreso a España: Erro ortográfico: pronome mal colocado nunha oración subordinada.
Etiquetas: edición desde un dispositivo móbil Edición feita a través do sitio móbil
corrixo formato referencias
Liña 26:
O seu reinado, como sucedeu en boa parte de Europa, estivo marcado pola tensión entre o [[absolutismo]] herdado e defendido por el e as novas [[liberalismo|ideas liberais]]. De feito herdou un país dividido pola [[Guerra da Independencia española|guerra da independencia]] e o fin do seu reinado deu paso a unha guerra civil, as chamadas [[guerras carlistas]].
 
En política exterior, o seu reinado caracterizouse polo inicio do proceso descolonizador en [[América Latina|América latina]], que rematará a finais do século XIX.
 
==Primeiros anos==
Liña 32:
Fernando de Borbón naceu aínda en vida do seu avó [[Carlos III de España|Carlos III]]. Foi o noveno dos catorce fillos do príncipe Carlos, futuro [[Carlos IV de España|Carlos IV]], e [[María Luísa de Parma]]. Dos seus trece irmáns, oito morreron antes de [[1800]], cousa bastante normal na época. Trala subida ao trono de seu pai en [[1788]], Fernando foi proclamado como [[Príncipe de Asturias]] polas Cortes nun acto celebrado no [[Igrexa de san Jerónimo el Real|Mosteiro de San Xerónimo]] de Madrid o [[23 de setembro]] de [[1789]].<ref>''Acto de la jura del príncipe de Asturias, don Fernando'', en la [http://www.archive.org/details/coleccindedocu17madruoft Colección de documentos inéditos para la historia de España, vol. XVII], págs. 67-95.</ref>
 
Durante a etapa da súa formación destaca, pola influencia posterior no seu reinado, o cóengo Escoiquiz, principal artífice da [[Proceso de El Escorial|Conspiración de El Escorial]], foi durante varios anos o seu preceptor, e quen lle meteu a desconfianza e un feroz odio a seus pais e a [[Manuel Godoy|Godoy]] por manipulalos ao seu capricho.<ref name="cervantesvirtual.com:0">{{Cita web|url=http://www.cervantesvirtual.com/bibportales/historiareyes_y_reinas_espana_contemporanea/monarquiafernando_vii_biografia/fernando7|páxina-web=cervantesvirtual.shtmlcom|título=Biografía de Fernando VII de Borbón (1808-1833)|data-acceso=9-7-2020|apelidos=La Parra López|nome=Emilio|lingua=es}}</ref>.
 
En outubro de [[1802]] casou coa súa prima [[María Antonia de Nápoles]], que chorou de desesperación a primeira vez que o veu, debido ao seu "horrible aspecto". Co tempo, a súa esposa colleulle cariño, pero a princesa faleceu en 1806<ref>http{{Cita web|url=https://www.buscabiografias.com/biografia/verDetalle/8998/Fernando%20VII%20de%20Espana|páxina-web=buscabiografias.com|título=Fernando VII de España|data-acceso=9-7-2020|data-publicación=24-3-2020|apelidos=Moreno|nome=Víctor|apelidos2=Ramírez|nome2=María E.|apelidos3=de la Oliva|nome3=Cristian|apelidos4=Moreno|nome4=Estrella|lingua=es}}</ref> sen deixar descendencia.
 
== Chegada ao trono ==
Liña 43:
En marzo de [[1808]], coa presenza de tropas francesas no territorio español, a corte real trasladouse a [[Aranjuez]], como parte dun plan de Godoy para trasladar a familia real a América. O día 17 dese mesmo mes, o pobo ataca o pazo do Príncipe da Paz. Aínda que Carlos IV salvou a vida do seu favorito, tivo que abdicar en Fernando o 18 de marzo, estes feitos son coñecidos como "Motín de Aranjuez".
 
Tras este motín, Fernando volveu á Corte, onde foi aclamado polo pobo de Madrid. Porén, as tropas francesas xa ocuparan Madrid o día anterior ([[23 de marzo]]). O destronado rei Carlos e a súa dona pasaron a estar baixo protección de [[Napoleón I de Francia|Napoleón]]. Este invitou a Fernando a reunirse con el, ao que accedeu con esperanza de que o emperador o apoiase como rei de España. Nun principio a reunión ía ser en España, pero logo pasou a celebrarse en [[Baiona, Francia|Baiona]]. Chegaron a Baiona o 30 de abril, mentres que en Madrid o pobo comezaba a loitar contra os franceses. Os fitos do 2 de maio de [[1808]] marcan o inicio da [[Guerra da Independencia española]].
 
===Abdicacións de Baiona ===
Liña 50:
Estas abdicacións no son soamente un cambio político de dinastía, senón que Napoleón proclama que España encóntrase fronte a un cambio de réxime, cos beneficios dunha constitución sen necesidade dunha revolución. Napoleón convocou unha reunión de notables españois en Baiona (supuxo un fracaso para Napoleón posto que soamente acudiron á cita 75 dos 150 notables), esta reunión coñeceríase máis tarde como ''"La Junta española de Bayona"'', nas nove sesións desta xunta debateuse o proxecto de Napoleón para unha nova constitución española que se aprobou en xullo de [[1808]] denominada [[Estatuto de Baiona|Constitución de Baiona]] ou Estatuto de Baiona.
 
Mentres, Fernado viu como Napoleón non cumpría a súa parte e internou a Fernando co seu irmán Carlos e o seu tío Antonio no castelo de Valençay. Fernando permanecería alí até o final da [[Guerra da Independencia española|Guerra da Independencia]].<ref>{{Cita web|url=http://www.boadilla.com/pages/fernando7.htm|páxina-web=boadilla.com|título=Fernando VII|data-acceso=9-7-2020|lingua=es}}</ref>.
 
Non obstante, a condición de prisioneiro de Napoleón creou en Fernando o mito de "O desexado", vítima inocente da crueldade napoleónica. Incluso as cortes de [[Cádiz]] que aprobaran a constitución de [[1812]] vían que Fernando VII era o lexítimo herdeiro da coroa española.
Liña 56:
=== Regreso a España ===
[[Ficheiro:Fernando de Borbón, príncipe de Asturias.jpg|miniatura|esquerda|Fernando VII cando era Príncipe de Asturias ([[Metropolitan Museum of Art]], New York)]]
En decembro de 1813 Napoleón firmou a paz con Fernando, no denominado [[Tratado de Valençay]], e Fernando quedou en liberdade.<ref name="cervantesvirtual.com:0" />. Fernando volvería a España en 1814, evitando ir a Madrid, onde tería que asinar a [[Constitución española de 1812|Constitución de 1812]]. Faino por terras de [[Xirona]] e dende alí dirixiuse a [[Valencia]], buscando apoios para gobernar de forma absolutista.
 
Nada máis chegar a España atopa apoios e invitacións para gobernar como un rei tirano e absoluto: o do [[Xeneral Elio]], que puxo o exército ao seu dispor (é o primeiro pronunciamento da historia de España<ref>{{Cita libro|título=Ejército y sociedad en la España liberal (1808-1936)|apelidos=Payne|nome=Stanley G.|editorial=Akal|ano=1977|ISBN=84-7339-215-9|páxinas=14-15|ref=}}</ref>) e o dunha serie de deputados que lle presentan o ''[[Manifesto dos persas|Manifesto dos Persas]]'', no que os 69 deputados lle pedían ó rei a volta ó absolutismo. Ademais disto, lembramos que Fernando VII contaba co apoio e simpatía do pobo.
Liña 83:
Co triunfo dos liberais suprímese o absolutismo, quedando Fernando VII como rei tras ser obrigado a xurar a Constitución de 1812 ([[9 de marzo]] de [[1820]]). Famosa é a súa frase de ''"Marchemos todos, y yo el primero, por la senda de la Constitución"''.
 
Decrétanse medidas desamortizadoras e anticlericais como a expulsión dos [[Compañía de Xesús|xesuítas]], a desamortización eclesiástica e o peche dalgúns conventos e mosteiros. Tamén se continúan as reformas iniciadas en 1810: abolición dos privilexios de clase, señoríos, vinculeiros e a Inquisición, preparouse o Código Penal...<ref name="cervantesvirtual.com:0" />
 
Continúan as tensións políticas e sociais. Así, dunha banda, os liberais divídense entón en dous bandos: ''doceanistas'' ou moderados (que apoiaban a Constitución de 1812) e ''vinteanistas'' ou exaltados (que pensaban que dita constitución era moi feble para o que precisaba España).
 
Doutra banda, danse nesta etapa intentos absolutistas como a sublevación da Garda Real, que culminarán cando os absolutistas piden axuda á [[Santa Alianza]], que envía ós [[Cen Mil Fillos de San Luís]] (ó mando do [[Luís XIX de Francia|Duque de Angulema]], curmán de Fernando VII) para restaurar o absolutismo.
{{Artigo principal|Cen Mil Fillos de San Luís}}
 
Liña 100:
O país pasa por unha crise sucesoria pola falta de fillos de Fernando VII, que pola posibilidade de que tivese unha filla promulga a [[Pragmática Sanción de 1830|Pragmática Sanción]], que anulaba a [[Lei sálica]] que impedía gobernar ás mulleres.
 
Isto non foi aceptado polos partidarios do seu irmán [[Carlos María Isidro de Borbón|Carlos María Isidro]] (os denominados ''apostólicos''). E co nacemento da futura [[Isabel II de España|Isabel II]] en [[1830]] e a morte do seu pai en [[1833]], comezan as [[Guerras Carlistascarlistas]].
 
Morta a súa terceira dona, casa en [[1829]] coa súa sobriña [[María Cristina de Borbón-Dúas Sicilias|María Cristina de Borbón]] e deste matrimonio nace a infanta, a futura [[Isabel II de España|Isabel II]]. Nacida Isabel, as esperanzas dos apostólicos do reinado de Carlos víanse ameazadas, pero en [[1832]] mentres o rei parecía estar a morrer intentaron un golpe contra o pazo real, que asegurara o reinado de Carlos. Fracasado o intento, Carlos marchou a [[Portugal]] e a insurrección carlista comezou inmediatamente.
 
Coa morte de Fernando, María Cristina converteuse en [[Rexencia|rexente]] iniciando unha etapa conciliadora, con Carlos.
Liña 109:
Desde 1713 estaba en vigor a Lei sálica, que impedía reinar ás mulleres. En 1789, as Cortes aprobaron unha [[Pragmática sanción|Pragmática Sanción]] que a derrogaba, pero esta no foi publicada ata 1830, cando o Rei, no seu cuarto matrimonio, con [[María Cristina de Borbón-Dúas Sicilias|María Cristina de Borbón]], esperaba un sucesor. Pouco despois, naceu a princesa Isabel. Na Corte formouse entón un grupo que defendía a candidatura ao trono do irmán do rei, Carlos María Isidro de Borbón, e negaba a legalidade da Pragmática, publicada en 1830.
 
En 1832, coa ocasión dunha grave enfermidade do Rei, cortesáns carlistas convenceron ao ministro [[Francisco Tadeo Calomarde]] para que Fernando VII firmara un Decreto derrogatorio da Pragmática, que deixaba outra vez en vigor a Lei sálica. Coa melloría do Rei, o Goberno, dirixido por [[Francisco Cea Bermúdez]], deu de novo vigor á Pragmática, co que á morte do Rei, o [[29 de setembro]] de [[1833]], quedaba, como herdeira, a súa primoxénita Isabel, que reinaría co nome de Isabel II.<ref name="cervantesvirtual.com:0" />. Aínda que a súa viúva María Cristina de Borbón, exerceu como rexente de España até que Isabel, chegase a maioría de idade para reinar.
 
==Valoración do seu reinado==
A unanimidade á hora de considerar o seu reinado como un dos peores da historia de España é case total. Ademais, con certeza, é o monarca español máis denigrado da historia.<ref>{{Cita libro|título=Historia General de España y América. Del antiguo al nuevo régimen: hasta la muerte de Fernando VII|apelidos=Suárez Fernández|nome=Luis|editorial=Ed. Rialp|ano=1981|ISBN=84-321-2109-6|volume=Vol. XII|lugar=Madrid|páxina=XXIII|ref=}}</ref> Nin o carácter do rei (sempre buscando o seu propio beneficio e supervivencia política cambiando de bando ao seu capricho) nin a súa preparación intelectual e humana estiveron á altura do seu tempo<ref>http://ildefonsosuarez.es/Historia2bat/Tema3-FernandoVII/FernandoVII.pdf</ref>.
 
==Notas==