Iraq: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 112:
Pouco despois, o [[26 de xullo]] de 1958, aprobouse a [[Constitución]] provisional, á espera de que se promulgase unha lei permanente despois dun [[referendo]] libre. Segundo o documento, Iraq sería unha [[república]] e unha parte da [[Mundo árabe|nación árabe]], mentres que como [[relixión]] oficial do estado figuraba o [[Islam]]. Os poderes [[Lei|lexislativos]] recaeron no [[Consello de ministros]], coa aprobación do Consello de soberanía, mentres que a función executiva tamén recaeu no Consello de ministros.<ref name="Marr 158">{{harvp|Marr|2004|p=158}}</ref> O novo goberno, de inspiración [[Panarabismo|nacionalista árabe]] e [[Socialismo|socialista]] conta co apoio dos exiliados kurdos (cuxo regreso permitira) e do Partido Comunista. Nas semanas seguintes adoptáronse moitas reformas: reforma agraria, axuda ás familias pobres, plans urbanos, etc..<ref name=":1" />
 
O [[8 de febreiro]] de [[1963]] Qasim foi derrocado por [[Abdul Salam Arif]] mediante outro [[golpe de estado]] perpetrado por unha coalición de [[Partido Árabe Socialista Baaz|baazistas]], militares e outros grupos panarabistas. Antes do golpe de estado, Arif fora elixido líder do [[Consello do Mando Revolucionario]] e tras o golpe foi proclamado Presidente de Iraq dada a súa gran popularidade.{{sfn|Ismael|Ismael|Abu Yaber|1991|p=163}} O [[13 de abril]] de [[1966]] o presidente Abdul Salam Arif morría nun accidente de [[helicóptero]] preto de Basora e o sucedía interinamente o primeiro ministro Abdul Rahman al-Bazzaz, que ao cabo de tres días renunciaba en favor de Abd al -Rahman Arif, irmán do presidente falecido, que segundo se cre foi considerado polos militares do Consello de Mando da Revolución Iraquí máis débil e manexable que o presidente morto.{{sfn|Ismael|Ismael|Abu Yaber|1991|p=166}} A noite do 16 ao 17 de xullo de 19671968, mentres Arif durmía, un [[Revolución do 17 de xullo|golpe de estado]], enno Bagdadque non houbo que lamentar mortes, depoñiao e levaba ao poder ao xeneral baasista [[Ahmed Hassan al-Bakr]]. O ministro de defensa Hardan Al Tikriti, telefonoulle e informoulle que xa non era presidente, deste xeito puido saír cara ao [[exilio]] en [[Turquía]].
 
==== Saddam Husayn ====