Contido eliminado Contido engadido
Piquito (conversa | contribucións)
→‎Ricardo Courtier: explicacións please
Liña 369:
:Teño as referencias, teño, na miña biblioteca, aquí, aou meu carón. A información que puxen no artigo ven das fontes acreditadas das que deixei constancia no mesmo no seu día.<sup>[https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Ricardo_Courtier&oldid=5018736]</sup> Precisamente a selección das obras de Courtier non é cousa miña, é cousa dos autores desas fontes, que son persoas moito máis capacitadas ca min. Son fontes moi comúns, que seguramente poderás contrastar na maioría das bibliotecas públicas de Galicia.
:Espero, por favor, que non se che ocorra eliminar a lista de obras do artigo. Engade o que queiras, mais non elimines información procedente e contrastada. Un saúdo e a seguir. --[[Usuario:HombreDHojalata|<span style="font-size:90%;color:maroon;text-shadow:peru 1px 1px 1px;">. '''''HombreDHojalata'''''</span>.]]<sup>[[Conversa usuario:HombreDHojalata|<span style="font-size:86%;color:brown;">conversa</span>]]</sup> 7 de xuño de 2020 ás 22:40 (UTC)
::Non sei de que pulla falas, a excepción das obras a túa edición non achega nada que calquera non poida encontrar nunha procura rápida en Google.
::Certamente non consigo entender que motivos pode ter alguén para, tendo as obras ao alcance da man, non achegar as referencias que outra persoa lle pide para a mellora do artigo, non se me ocorre ningún motivo lóxico nin racional para dicirlle a outra persoa que se vaia a unha biblioteca a consultar as fontes que ten simplemente estirando o brazo, un traballo que a ben seguro non tardaría en facer nin cinco minutos, xa que sabe en que obras concretas das citadas mirou. De feito nin sequera coñeces a miña situación, non sabes se teño que facer un longo desprazamento en coche porque vivo lonxe dunha biblioteca, non sabes se teño algún problema de mobilidade, se non vivo en Galicia... sinceramente paréceme unha falta de respecto e espero que me expliques por que actuaches así (coñecendo a túa traxectoria sinceramente non creo que vaias contestar a isto, moito menos desculparte ou explicar nada), de feito estou 100% seguro de que non actuarías así se cho pedira outra persoa.
::Por último, a lista en si non achega información relevante que non estea redactada na sección correspondente, o único interesante da lista son as formas ou tipo de obras que escribiu, e iso xa está na sección ou no resto do artigo, de feito engadín información moito máis relevante que saber se un valse se chamaba X ou Z. As obras da lista nin sequera presentan ano de composición, agrupación para a que foron compostas, ano de publicación (se é que foron publicadas, ou das que o foron), arquivo no que se encontran, data de estrea (se é coñecida) e outros datos da mesma (se son coñecidos)... Todas esas carencias fan da lista unha simple anécdota de que nomes lle puxo ás súas composicións (nomes que ben podían ser outros), un dato que pode ser útil para atopar as obras nun arquivo a quen as queira tocar, pero para nada máis. O habitual nos artigos de personalidades da composición musical é crear artigos sobre a lista das obras porque adoitan ter unha produción considerable (sería ridículo engadir unha lista completa das obras de Bach, de Mozart, de Haydn, de Telemann... non cres?), así se está a facer aquí con todos os artigos destacados sobre ese tema (coa única excepción de [[Rebecca Clarke]], que aínda así presenta máis información útil que a lista que queres manter). Dime ti agora os teus argumentos para manter a lista, que datos relevantes achegan á biografía desta persoa?
::Un saúdo, [[Usuario:Piquito|Piquito]] ([[Conversa usuario:Piquito|conversa]]) 8 de xullo de 2020 ás 21:59 (UTC)
 
== artigos citados na prensa ==