Circuíto de Misano Marco Simoncelli: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores)
Breobot (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 37:
O '''circuíto de Misano Marco Simoncelli''' (ata 2006: '''''Circuito Internazionale Santamonica''''') é un [[autódromo]] na fracción de Santa Mónica, comuna de [[Misano Adriático]], rexión de [[Emilia-Romaña]], [[Italia]]. Inaugurouse en 1972 cunha extensión de 3.488 metros. En 1993, a súa lonxitude aumentou a 4.060 metros (coa opción dunha variante curta), e as instalacións se actualizaron varias veces durante esa década. Para que o [[Campionato Mundial de Motociclismo]] volvera a Misano, modificou o sentido de xiro (agora no sentido horario) e a pista ensanchouse a 14 metros, polo que a extensión pasou a ser de 4.180 metros.
 
Misano albergou numerosos grandes premios do Campionato do Mundo de Motociclismo: o [[Gran Premio de Motociclismo de Italia]] en 1980, 1984, 1989, 1990, 1991 e 1993; e o [[Gran Premio de Motociclismo de San MariñoMarino]] entre 1985 e 1987, e máis tarde desde 2007. O [[Campionato Mundial de Superbikes]] correuse por vez primeira en 1991 e máis tarde desde 1994.
 
Misano tamén albergou carreiras da [[Fórmula 2]] Europea (desde 1977 ata 1984), o [[Campionato Mundial de Resistencia]] (en 1978), a [[BPR Global GT Series]] (en 1998), o [[Campionato da FIA de Sport Prototipos]] (en 1998) e o [[Campionato Alemán de Superturismos]] (en 1999). Na década de 2000, foi utilizado para campionatos internacionais de monoprazas, como a [[Fórmula 3000 Europea]] (en 1999, 2000, 2005, 2006 e 2008), a [[World Series by Renault]] (en 2006) e a [[Fórmula Master Internacional]] (en 2005), así como os campionatos italianos de [[Fórmula 3 Italiana|Fórmula 3]], [[Fórmula Renault]], turismos e gran turismos.