John Trulock: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Dodro (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Dodro (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 25:
}}
}}
'''John Trulock''', nado en [[Londres]], [[Inglaterra]] o [[31 de decembro]] de [[1856]] e finado en [[Iria Flavia, Padrón|Iria Flavia]], [[Padrón]] o [[9 de xuño]] de [[1919]],<ref name=lar>{{cita web |nome=Kirsty |apelido=Hooper |título=From Mile End to Iria Flavia: John Trulock (1856-1919), a British Railwayman in Galicia |url=https://hispanicbritain.wordpress.com/2014/05/08/from-mile-end-to-iria-flavia/ |páxina-web=Hispanic Britain |data=08-05-2014 |dataacceso=05-04-2020 |idioma=inglés}}</ref> foi o xerente en Galicia da compañía inglesa [[The West Galicia Railway Company Limited|The West Galicia Railway Co. Ltd.]], propietaria da primeira liña de [[ferrocarril]] entre [[Santiago de Compostela]] e [[Vilagarcía de Arousa]].<ref>{{Cita web |url=http://www.patrimoniovilagarcia.com/el-primer-ferrocarril-de-galicia--cornes-carril---picar-aspa-para-ampliar-as-imaxes_ws151231.wsbl |páxina-web=patrimoniovilagarcia.com |título=Historia do ferrocarril en Carril e Vilagarcía de Arousa |data-acceso=08-07-2020}}</ref>{{#tag:ref|O primeiro [[Ferrocarril|camiño de ferro]] de Galicia foi inaugurado o [[15 de setembro]] de [[1873]] e unía a [[estación de Cornes]], no [[concello de Conxo]], preto de Santiago de Compostela, coa [[estación do Carril]], no [[concello de Carril]], preto de Vilagarcía de Arousa.<ref>{{Cita novas |xornal=El Correo Gallego |data=02-02-2018 |título=...Cuando 'El Compostelano' enlazaba Santiago con Carril desde la estación de tren de Cornes |url=https://www.elcorreogallego.es/santiago/ecg/compostelano-enlazaba-santiago-carril-estacion-tren-cornes/idEdicion-2018-02-02/idNoticia-1097673/ |lingua=es |dataacceso=08-07-2020}}</ref>|group="lower-alpha"}}
 
==Traxectoria==
Fillo de John Trulock (1814—1869), un [[Comercio|comerciante]] de [[millo]] natural de [[Bow, Londres|Bow]], e de Henrietta Glascott (1833— ), natural de [[Whitechapel]], que casaron o 31 de xullo de 1855.{{#tag:ref|John Trulock (pai) e Henrietta Glascott casaron o 31 de xullo de 1855 na Holy Trinity Church (en galego igrexa da Santísima Trindade), en [[Mile End]], Londres.|group="lower-alpha"}} John Trulock foi o irmán máis vello doutros cinco fillos do matrimonio; Alfred, Arthur, Henry, Kate e mais Ellen.
 
John naceu en Bow{{#tag:ref|John Trulock naceu nunha casa de Tredegar Square en Bow, o leste de Londres, o 31 de decembro de 1856.<ref name=lar />|group="lower-alpha"}} e residiu con seus pais e os seus cinco irmáns en varios lugares do [[East London|leste de Londres]] ó longo da súa infancia.<ref name=lar />{{#tag:ref|Residiu en diferentes lugares do leste de Londres durante a súa infancia, incluíndo Bow (1855—1859), Bromley (1860-18631860—1863), Woodford Green (1865—1867) e Hackney (1969).<ref>{{Cita web |apelido=Hooper |nome=Kirsty |url=https://www.google.com/maps/d/viewer?mid=1Fth35kF1W0amymdj_gw1vRb1E0o&ll=51.52751593393153%2C-0.03426253795623779&z=12 |título=John Trulock en Londres |data-acceso=08-07-2020}}</ref>|group="lower-alpha"}} Tivo unha existencia cómoda ata os trece anos, cando seu pai finou o día 24 de agosto de 1869 á idade de 55 anos. Tódalas pertenzas da familia foron vendidas ó pouco nunha poxa.
 
A familia foi separada; no [[censo]] de 1871 consta que seus irmáns foran acollidos en diferentes [[Orfanato|asilos para orfos]] da cidade de Londres,{{#tag:ref|No censo de 1871, Arthur atopábase no ''British Orphan Asylum'' (Asilo para Orfos Británicos) en [[Berkshire]]; Alfred e Henry encontrábanse no ''City of London Orphan School'' (Escola para Orfos da Cidade de Londres), en [[Lambeth]]; Kate e mais Ellen estaban no ''Infant Orphan Asylum'' (Asilo para Nenos Orfos) de [[Wanstead]]. Descoñécese o paradoiro de súa nai.<ref name=lar />|group="lower-alpha"}} non obstante, John con 14 anos vivía de forma independente e figura no censo como traballador dun almacén para unha fábrica de [[paraugas]] en [[Holborn]].
 
Cando contaba 18 anos de idade Trulock encontrábase en Galicia e foi nomeado voceiro da compañía [[Sociedad del Ferro-Carril Compostelano de la Infanta Doña Isabel]] na xunta xeral de accionistas de 1875. En 1876 John Trulock figura como membro do consello do Ferro-Carril Compostelano, representando o financeiro británico da compañía Credit Foncier.<ref>{{cita novas |título=Ferro-carril Compostelano |url=http://galiciana.bibliotecadegalicia.xunta.es/i18n/publicaciones/numeros_por_mes.do?idPublicacion=93&anyo=1876 |xornal=[[El Diario de Santiago]] |postscript=. —[[Galiciana|Galiciana. Biblioteca Dixital de Galicia]] |páxinas=9-10 |ano=25 de marzo 1883 |dataacceso=06-04-2020 |lingua=castelán}}</ref> En 1883 aparece como xerente,<ref>{{cita novas |título=Ferro-Carril Compostelano |url=http://hemerotecadigital.bne.es/issue.vm?id=0000090299&search=&lang=es |xornal=Gaceta de los Caminos de Hierro |postscript=. —Hemeroteca Digital de la Biblioteca Nacional de España |páxinas=9-10 |ano=25 de marzo 1883 |dataacceso=06-04-2020 |lingua=castelán |postscript=. —Hemeroteca Digital de la Biblioteca Nacional de España.}}</ref> cargo que ocuparía ata a súa morte en Iria Flavia no ano 1919.
 
Casou o 31 de maio de 1889 no Consulado británico da Coruña con Josefina Catalina Aida Bertorini, filla do seu socio comercial Camilo Bertorini e a súa esposa María Margarita Jones. O matrimonio tivo sete fillos, incluída María, que casaría con [[Eduardo Rodríguez-Losada Rebellón]], e mais Camila, a nai de [[Camilo José Cela Trulock]].<ref>{{cita web |título=Trulock Bertorini, vecinos de Iría Flavia |url=https://xenealoxia.org/linaxes/a-coruna/1031-trulock-bertorini-iria-flavia-padron |páxina-web=Xenealoxía.org |data=03-01-2006 |dataacceso=06-04-2020 |lingua=castelán}}</ref>
 
== Notas ==
Liña 47:
* [[Camilo José Cela]]
* [[Cemiterio de Adina]]
 
===Ligazóns externas===
* {{cita web |título=From Mile End to Iria Flavia: John Trulock (1856-1919), a British Railwayman in Galicia |url=https://hispanicbritain.wordpress.com/2014/05/08/from-mile-end-to-iria-flavia/ |páxina-web=Hispanic Britain |postscript=. No Blog de Kirsty Hooper.}}
 
{{ORDENAR:Trulock, John}}