Julia Gutiérrez Caba: Diferenzas entre revisións
Contido eliminado Contido engadido
m →top: Arranxos varios, replaced: {{Biografía}} → {{Actor}} |
Sen resumo de edición |
||
Liña 10:
En anos sucesivos convértese nunha reputada actriz teatral, con obras como ''Las entretenidas'', ''Petra Regalada'', de Gala ou ''El jardín de los cerezos'', de Chejov. En 1970 crea a súa propia compañía xunto ao seu esposo.
O seu debut cinematográfico prodúcese en 1960, nada menos que da man de [[Juan Antonio Bardem]] na película ''A las cinco de la tarde''. O seu paso polo cine estivo case sempre marcado pola interpretación de personaxes de grave ton dramático. En 1977 apártase do cine e non volvería ata 20 anos despois con ''La herida luminosa'', de [[José Luis Garci]]. A súa seguinte película conxunta, ''[[You're the One (una historia de entonces)]]'', repórtalle un [[Premio Goya]] como [[Premio Goya á mellor interpretación feminina secundaria|mellor actriz secundaria]].
En televisión debuta ás ordes de [[Jaime de Armiñán]] e desenvolveu unha sólida carreira case sempre en [[TVE]], aínda que non tan avultada en títulos como a da súa irmá [[Irene Gutiérrez Caba|Irene]]. En 1972 protagonizou a serie ''Buenas noches, señores'', na que interpretaba un papel distinto en cada episodio. Ao igual que sucedeu co cine, tamén tivo un período de máis de 20 anos en que non pisou un estudio de televisión para centrarse na súa carreira teatral. O seu regreso produciuse coas series ''[[Los Serrano]]'' (2003-2008) e ''[[Águila Roja]]'' (2011-2012).
|