Iraq: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
→‎República iraquí: texto traducido desde a wiki .es:Abdul Karim Qasim
Liña 104:
=== República iraquí ===
[[Ficheiro: Qasim in uniform.png|miniatura|150px|[[Abdul Karim Qásim]], [[primeiro ministro de Irak]] entre [[1958]] e [[1963]].]]
O [[14 de xullo]] de [[1958]] [[Abdul Karim Qasim]] encabezou a revolución dos Oficiais Libres iraquís, apoiados por [[Exipto]], derrocando á monarquía Hachemí e proclamaron a república iraquí. Durante o seu goberno, Qasim foi coñecido popularmente como al-zaʿīm (الزعيم) ou "O líder" e é considerado por moitos o pai do Iraq moderno. Despois de tomar o poder, Qasim asumiu o cargo de primeiro ministro e ministro de defensa, mentres que o coronel Arif foi seleccionado como viceprimeiro ministro e ministro do interior. Convertéronse na máxima autoridade en Iraq con poderes executivos e lexislativos. Muhammad Najib ar-Ruba'i converteuse en presidente do Consello de Soberanía (xefe de estado), pero o seu poder era moi limitado.
 
Pouco despois, o [[26 de xullo]] de 1958, aprobouse a [[Constitución]] provisional, á espera de que se promulgase unha lei permanente despois dun [[referendo]] libre. Segundo o documento, Iraq sería unha [[república]] e unha parte da [[Mundo árabe|nación árabe]], mentres que como [[relixión]] oficial do estado figuraba o [[Islam]]. Os poderes [[Lei|lexislativos]] recaeron no [[Consello de ministros]], coa aprobación do Consello de soberanía, mentres que a función executiva tamén recaeu no Consello de ministros.<ref name="Marr 158">{{harvp|Marr|2004|p=158}}</ref>
 
En outubro de [[2002]] un referendo ratificou a permanencia do ditador [[Saddam Husayn|Saddam Hussein]] á fronte do estado durante 7 anos máis. Durante ese ano o presidente estadounidense [[George W. Bush]] insistía en que Iraq posuía armas de destrución masiva, e que debía destruílas tal e como estaba acordado nas diversas resolucións da [[Organización das Nacións Unidas|ONU]] acordadas despois da [[Guerra do Golfo]] de [[1991]]. Iraq aceptou cumprir unha nova resolución da ONU que acordaba o envío de inspectores da ONU a Iraq para verificar o armamento que tiña. A comezos de [[2003]] os [[Estados Unidos de América|EUA]] tornaron a acusar ó réxime de Saddam de estar incumprindo a nova resolución e de estar ocultando armas químicas e biolóxicas ós inspectores, co que comezaron a chamada [[Guerra de Iraq]].