Iraq: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 97:
O [[23 de agosto]] de [[1921]] despois dun plebiscito co 96% de votos a favor foi nomeado e elíxido, co apoio dos británicos en agradecemento ás contribucións da súa familia durante a [[Rebelión árabe]], o [[hachemí]] [[Faisal I de Iraq|Faisal I]] como [[Reis de Iraq|rei de Iraq]] (antes xa fora nomeado rei da [[País de Sham|Gran Siria]] polos nacionalista árabes tras finalizar a primeira guerra mundial, pero expulsado polos franceses).
 
En [[1927]] Faisal negocia cos ingleses a independencia de Iraq, abrindo un período que se caracterizará pola súa inestabilidade e pola represión das reivindicacións das minorías. Finalmente, Iraq é admitida como nación soberana na [[Sociedade de Nacións]] o [[3 de outubro]] de [[1932]],<ref>Ongsotto et.al. ''Asian History Module-based Learning Ii' 2003 Ed''. p69. [https://books.google.com/books?id=KE6f6Ni5lrsC&pg=PR7&lpg=PR7#v=onepage&q=asian%20history%20module%20based%20learning]</ref> aínda que a presenza militar británica continuou. Grupos nacionalistas liderados polo Partido Nacionalista e o Partido da Irmandade Nacional protagonizaron a oposición á presenza estranxeira no país. Un ano máis tarde ([[8 de setembro]] de [[1933]]) o rei Faisal morre deixando ao seu fillo maior como sucesor, [[Gazi I de Irak|Gazi]].<ref>[http://www.royalark.net/Iraq/iraq2.htm Royal Ark]</ref>
 
=== Iraq independente ===