Iraq: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 95:
Durante a [[primeira guerra mundial]], os otománs puxéronse ao lado de Alemaña e as potencias centrais. Na campaña de Mesopotamia contra as potencias centrais, as forzas británicas invadiron o país e sufriron unha dura derrota a mans do exército turco durante o [[asedio de Kut]] (1915-1916). Con todo, posteriormente os británicos recuperáronse grazas ao apoio dos árabes e asirios locais. En 1916, os británicos e os franceses fixeron un plan para dividirse o Imperio otomán despois da guerra, no marco do [[acordo Sykes-Picot]].<ref>{{Cita web |url=http://archive.law.fsu.edu/library/collection/LimitsinSeas/IBS094.pdf |título=p.8 |data-acceso=06 de xullo de 2020 |urlarquivo=https://web.archive.org/web/20160317073736/http://archive.law.fsu.edu/library/collection/limitsinseas/IBS094.pdf |dataarquivo=17 de marzo de 2016 |urlmorta=si }}</ref> As forzas británicas se reagruparon e tomaron Bagdad en 1917 e derrotaron aos otománs. O armisticio asinouse en 1918. O Imperio otomán foi desmembrado e o control que os otománs exercían sobre os [[eialete]]s (provincias) de [[Bagdad]], [[Mosul]] e [[ Basora]] pasou a mans do [[Reino Unido]]. Os británicos formalizaron o seu control sobre Iraq ao recibir un [[Mandato da Sociedade de Nacións]] sobre [[Mandato británico de Mesopotamia|Mesopotamia]] en [[1920]]. Inicialmente o Mandato británico non incluía á provincia norteña de Mosul, pero ao descubrirse a importancia dos xacementos petrolíferos alí presentes, Mosul foi integrada ao Mandato en [[1926]].<ref>[http://www.indiana.edu/~league/1926.htm Chronology 1926]. ''League of Nations Photo Archive''. Consultado o 31-12-2007.</ref><ref>[http://www.time.com/time/magazine/article/0,9171,722073,00.html Mosul] ''Revista TIMES'' 21 de xuño de 1925. Consultado o 31-12-2007.</ref>
 
O [[23 de agosto]] de [[1921]] despois dun plebiscito co 96% de votos a favor foi nomeado e elexidoelíxido, co apoio dos británicos en agradecemento ás contribucións da súa familia durante a [[Rebelión árabe]], o [[hachemí]] [[Faisal I de Iraq|Faisal I]] como [[Reis de Iraq|rei de Iraq]] (antes xa fora nomeado rei da [[País de Sham|Gran Siria]] polos nacionalista árabes tras finalizar a primeira guerra mundial, pero expulsado polos franceses).
 
En 1932, Iraq foi admitida como nación soberana na [[Sociedade de Nacións]], aínda que a presenza militar británica continuou. Grupos nacionalistas liderados polo Partido Nacionalista e o Partido da Irmandade Nacional protagonizaron a oposición á presenza estranxeira no país.