Lakshmibai: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
HacheDous=0 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
HacheDous=0 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 10:
Non obstante, [[James Broun-Ramsay|Lord Dalhousie]], gobernador xeral da India, rexeitou as pretensións ao trono de Damodar Rao ao ser adoptado e aplicou a denominada [[doutrina da caducidade]], que supuña a anexión á [[Compañía Británica das Indias Orientais]] de calquera territorio indio gobernado por un soberano se morría sen un herdeiro varón<ref>{{cita libro|autor=Keay, John|título= India: A History|editorial=Grove Press Books|ano=2000|páxina=433}}</ref>. En marzo de 1854 o gobernador xeral concedeulle unha pensión anual de 60 000 rupias e ordenoulle abandonar o palacio e o forte<ref name="Edwardes">Edwardes, Michael (1975) ''Red Year:The Indian Rebellion of 1857''. London: Sphere Books, pp. 113–125</ref>.
 
=== Rebelión de 1857 ===
O 10 de maio de 1857 estoupou a rebelión contra o dominio británico en [[Meerut]] e cando a noticia chegou a Jhansi, Lakshmibai pediulle ao oficial político británico, o capitán Alexander Skene, permiso para establecer un corpo de homes armados para a súa protección e Skene concordou<ref name="Edwardes"/>. A cidade permaneceu relativamente en calma no medio dunha rexión axitada ata que en xuño rebeldes do 12º Rexemento de Infantería de Bengala tomaron o forte de Jhansi<ref name="Edwardes"/> tras capitular a gornición británica so a promesa de non recibir represalias. Non obstante, os rebeldes non cumpriron a súa promesa e mataron entre 40 e 60 oficiais británicos e mais ás súas familias. Non hai certeza da implicación da rani no masacre<ref>David, Saul (2002) ''The Indian Mutiny 1857'', London: Penguin, p. 368</ref>.
[[Ficheiro:Rani of Jhansi, watercolour on ivory, c. 1857.png|miniatura|Retrato de man de Lakshmibai (1857)]]
Liña 19 ⟶ 20:
[[Ficheiro:The place from where Rani Lakshmibai jumped.jpg|miniatura|Lugar onde, segundo a tradición, saltou a Rani de Jhansi para fuxir dos británicos.]]
A tradición afirma que Lakshmibai montou no seu cabalo Badal con Damodar Rao ás costas e saltou os muros da cidade; o que supuxo a morte do animal, quedando eles dous indemnes<ref>{{cite web|url=http://www.remarkableindia.com/jhansi.php|title=Jhansi|publisher=Remarkable India|accessdate=27 de outubro de 2012}}</ref>. Sexa como for, a rani escapou co seu fillo pola noite, rodeada dunha garda armada<ref name="Jerosch">{{cita libro|título= Rani of Jhansi, Rebel against will|autor= Rainer Jerosch|editorial= Aakar Books|ano=2007|páxina= 206}}</ref>. En [[Kalpi]] uníronselle as forzas de Tatya Top<ref name="Edwardes"/> e ocuparon a cidade pero sufriron unha nova derrota a mans dos británicos e dirixíronse cara a [[Gwalior]], ocuparon a cidade sen oposición e proclamaron a Nana Sahed como ''peshwa'' dun renacido dominio maratha. As forzas de Rose tomaron a localidade veciña de Moar o 16 de xuño e avanzaron con éxito en dirección a Gwalior. Ao día seguinte en Kotah-ki-Serai, preto do forte da cidade, un escuadrón do 8º Rexemento de húsares irlandeses baixo as ordes do [[Clement Walker Heneage|capitán Heneage]] loitou contra unha gran forza india dirixida por Lakshmibai, que pretendía abandonar a zona, o que resultou no masacre de 5000 soldados indios<ref>{{cita libro|autor= Gold, Claudia|ano= 2015|título=Women Who Ruled: History's 50 Most Remarkable Women|páxina=253}}</ref>. Segundo un testemuño británico contemporáneo, foi nesta acción onde a rani quedou ferida de morte<ref>{{cite web|author=Allen Copsey |url=http://www.copsey-family.org/~allenc/lakshmibai/smith-gwalior.html |title=Brigadier M W Smith Jun 25th 1858 to Gen. Hugh Rose |publisher=Copsey-family.org}}</ref>.
[[Ficheiro:Laxmibai's statue in Solapur.JPG|miniatura|Estatua ecuestre de Lakshmibai en Solapur]]
== Legado ==
 
A figura de Lakshmibai converteuse nun símbolo da loita pola independencia india, e así en moitas cidades indias hai estatuas ecuestres coa súa imaxe e a do seu fillo. Diversos poemas e canción patrióticas exaltan a súa figura, a composición máis importante é o poema en hindi ''Jhansi ki Rani'' (1930) da poeta [[Subhadra Kumari Chauhan]] e que se aprende nas escolas da India<ref>cita libro|título=The Rani of Jhansi: Gender, History, and Fable in India|autor=Singh, Harleen|editorial=Cambridge University Press|ano=2014|páxina=105}}</ref>. En marathi é popular unha balada que lle dedicou o poeta [[Bhaskar Ramchandra Tambe]]. Varios filmes e series de televisión céntranse tamén na súa figura.
 
== Notas ==