Terpeno: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 27:
* '''[[Monoterpenos]]'''. Terpenos de 10 carbonos (equivalente a dous isoprenos). Chamados así porque os primeiros terpenos illados do [[augarrás]] en 1850, foron considerados a unidade básica de todos eles. Os monoterpenos mellor coñecidos son compoñentes das esencias volátiles das flores e dos [[aceite esencial|aceites esenciais]] de herbas e especias. Son exemplos o [[xeraniol]], [[limoneno]] e [[terpineol]].
* '''[[Sesquiterpenos]]'''. Terpenos de 15 carbonos (é dicir, conteñen un monoterpeno e medio, o que equivale a 3 isoprenos). Moitos están presentes en aceites esenciais ou actúan como [[fitoalexina]]s (non todas sesquiterpenos), compostos [[antibiótico]]s producidos polas plantas en resposta á aparición de microbios, ou como repelentes da alimentación dos herbívoros oportunistas. A hormona das plantas chamada [[ácido abscísico]] é estruturalmente un sesquiterpeno, aínda que o seu precursor de 15 carbonos, a [[xantosina]], non se sintetiza directamente de 3 unidades isopreno senón que se produce pola escisión asimétrica dun carotenoide de 40 unidades. Un exemplo de sesquiterpeno é o [[farnesol]].
* '''[[Diterpenos]]'''. Terpenos de 20 carbonos (equivalen a 2 monoterpenos ou 4 isoprenos). Entre eles inclúese o [[cafestol]], o [[fitol]], que forma a cadea [[hidrófobo|hidrófoba]] da [[clorofila]], as hormonas [[xiberelina]]s, os ácidos das [[resina]]s das [[conífera]]s e dos [[legume]]s, as fitoalexinas, e unha serie de metabolitos farmacoloxicamente importantes, incluíndo o [[taxol]], un axente [[cancro|anticanceríxeno]] atopado no [[teixo]], e a [[forskolina]], un composto usado para tratar o [[glaucoma]]. Algunhas xiberelinas teñen 19 átomos de carbono polo que non son consideradas diterpenos porque perderon un átomo de carbono durante unha reacción de escisión. derivan de diterpenos o [[retinol]] e o [[retinal]].
* '''[[Triterpenos]]'''. Terpenos de 30 carbonos (equivalen a 3 monoterpenos ou 6 isoprenos). Son xeralmente compostos formados pola unión cabeza-cabeza de dúas cadeas de 15 carbonos, pero cada unha delas formada por unidades de isopreno unidas cabeza-cola. Nesta gran clase de moléculas poderiamos incluír os [[brassinoesteroides]], compoñentes da membrana que son [[fitosterol|fitosterois]], algunhas fitoalexinas, varias toxinas e repelentes de herbívoros, e compoñentes das ceras da superficie das plantas, como o [[ácido oleanólico]] das [[uva]]s. O triterpeno [[escualeno]] é precursor dos [[esteroide]]s.
* '''[[Tetraterpenos]]'''. Terpenos de 40 carbonos (equivalen a 4 monoterpenos ou 8 unidades de isopreno). Os máis abundantes son os pigmentos [[carotenoide]]s (carotenos e xantofilas) accesorios na absorción de luz na fotosíntese.
Liña 79:
Teñen acción defensiva: repelen insectos, herbívoros, microbios e a outras plantas, curan feridas. Por exemplo, fitoalexinas, os compoñentes de resinas, o caucho.
 
Algúns terpenos son precursores de vitaminas liposolubles: [[retinaldehido]], o [[retinol]] (da [[vitamina A]]), os [[carotenoide|carotenos]] (da vitamina A), os [[tocoferol|tocoferois]] (da [[vitamina E]]), as [[quinona]]s e as [[ubiquinona]]s (da [[vitamina K]]).
 
Diversas substancias como os esteroides orixínanse a partir de terpenos (escualeno), e estes forman parte de substancias como as clorofilas e hormonas vexetais, e mesmo de proteínas de membrana isopreniladas.