Kanada-malja: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Piquito (conversa | contribucións)
Piquito (conversa | contribucións)
Liña 5:
O trofeo entregouse por primeira vez en 1951 ao [[Ilves]] de [[Tampere]], e estaba formado por unha copa na súa parte superior sobre unha base de madeira. Ao final da [[SM-liiga 1976-1977|tempada 1976-77]] engadiuse a primeira capa de madeira adicional, mentres que a segunda foi engadida na [[SM-liiga 2003-2004|tempada 2003-04]].<ref name="hame">{{Cita web |url=https://liiga.fi/fi/uutiset/2019/09/12/kausi-kayntiin-mestaruusviiri-nousee-hameenlinnassa |título=Kausi käyntiin – mestaruusviiri nousee Hämeenlinnassa |nome=Antti |apelidos=Seppänen |editorial=[[SM-liiga|Liiga.fi]] |data=12 de setembro de 2019 |dataacceso=6 de xullo de 2020 |lingua=fi}}</ref> Cada ano engádese unha placa de [[prata]] co nome do equipo gañador ao trofeo.<ref name="poika"/>
 
En [[1992]] fíxose unha copia en [[prata]] da Kanada-malja e a orixinal foi entregada para exhibirse no [[Suomen Jääkiekkomuseo]] ("O Salón da Fama do Hóckey Finlandés"), onde está exposta xunto con outros trofeos. Despois do último partido, o equipo campión dos ''play-offs'' é presentado co trofeo orixinal, mais pouco despois a copa volta ao museo e é remprazada pola copia. O trofeo orixinal está feito de [[Alpaca (aliaxe)|alpaca]] e a copia está feita completamente de [[prata]].<ref>{{Cita novas |url=http://www.iltalehti.fi/jaakiekko/200804147516329_jk.shtml |título=Kanada-malja taas rikki! |xornal=[[Iltalehti|iltalehti.fi]] |data=14 de abril de 2008 |dataacceso=6 de xullo de 2020 |lingua=fi}}</ref><ref>{{Cita web |url=http://www.jaakiekkomuseo.fi/nayttely/?lang=en |título=EXHIBITIONS |editorial=jaakiekkomuseo.fi |dataacceso=6 de xullo de 2020 |lingua=en}}</ref>
 
Na [[SM-liiga 2019-2020|tempada 2019-20]] a competición foi suspendida para frear a [[Pandemia por coronavirus de 2019-2020|pandemia por coronavirus]], o que deixou sen disputar a derradeira xornada da liga regular e todos os partidos dos ''play-offs'', polo que a Kanada-malja non foi entregada a ningún equipo ese ano. O campionato de hóckey sobre xeo finlandés non se suspendía dende a [[Tempada 1943-1944 da SM-sarja|tempada 1943-44]], cando se cancelou a tempada por mor da [[guerra de continuación]].<ref>{{Cita novas |url=https://liiga.fi/fi/uutiset/2020/03/13/liiga-kausi-paattyy-valittomasti-suomen-mestaruus-jaa-jakamatta |título=Liiga kausi päättyy välittömästi |editorial=Liiga.fi |data=13 de marzo de 2020 |dataacceso=21 de marzo de 2020 |lingua=fi}}</ref><ref>{{Cita novas |url=https://www.iltalehti.fi/koronavirus/a/6e4febb4-8bbc-4acc-81b0-e724913cca77 |título=Jääkiekon SM-liigakausi päättyy välittömästi – Suomen mestaruutta ei jaeta |xornal=[[Iltalehti]] |data=13 de marzo de 2020 |dataacceso=21 de marzo de 2020 |lingua=fi}}</ref>