Califato de Córdoba: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
m Desfixéronse as edicións de 62.83.132.4 (conversa); cambiado á última versión feita por InternetArchiveBot
Etiqueta: Reversión
Liña 9:
Os reinados de [[Abd al-Rahman III]] ([[929]]-961) e o seu fillo [[Alhakén II]] ([[961]]-[[976]]) constitúen o período de apoxeo do califato [[Dinastía Omeia|omeia]], no que se consolida o aparello estatal cordobés.
 
Para afianzar o aparello estatal os soberanos recorreron a oficiais fieis á dinastía [[Dinastía Omeia|omeia]], o cal configurou unha aristocracia palatina de ''fata'ls'' (escravos e libertos de orixe europea), que foi progresivamente aumentando o seu poder civil e militar, suplantando así á aristocracia de orixe árabe. No exército incrementouse especialmente a presenza de continxentes [[bérberbérberes]]es, debido á intensa política califal no [[Magreb]]. Abderramán III someteu aos señores feudais, os cales pagaban tributos ou servían no exército, contribuíndo ao control fiscal do califato.
 
As empresas militares consolidaron o prestixio dos omeias fóra do Al-Andalus e estaban orientadas a garantir a seguridade das rutas comerciais. A política exterior canalizouse en tres direccións: os reinos cristiáns do norte peninsular, o Norte de África e o Mediterráneo.