Xesús Alonso Montero: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 13:
Destacou no campo da [[sociolingüística]] con libros como ''O porvir da lingua galega'' (1968), ''O que cómpre saber da lingua galega'' (1969) ou o polémico e contestado ''Informe -dramático- sobre la lengua gallega'' (1973), onde retoma as súas teses apocalípticas sobre o idioma galego sinalando mesmo unha data para a súa morte. Realizou e publicou estudos sobre escritores galegos como [[Rosalía de Castro]] (''Páxinas sobre Rosalía de Castro'', 1954-2004), [[Manuel Curros Enríquez]] (''Curros Enríquez no Franquismo'', 1936-1971), [[Manuel Leiras Pulpeiro]], [[Luís Pimentel]] (''Luís Pimentel: biografía da súa poesía''), [[Celso Emilio Ferreiro]] (''Celso Emilio Ferreiro''), [[Luís Seoane]] (''As palabras no exilio. Biografía intelectual de Luís Seoane''), [[Mendiño]], [[Xosé Neira Vilas]], [[Lorenzo Varela]], [[Vicente Risco]], [[Ramón Cabanillas]] ou [[Álvaro Cunqueiro]].
 
Fixo tamén achegas noutros ámbitos da literatura galega como a poesía popular e os poetas [[alófono]]s en galego, e ten realizado estudos sobre autores da [[literatura española]] como [[Antonio Machado]], [[Federico García Lorca]], [[Miguel de Unamuno]] ou [[Ramón María del Valle-Inclán]]. Alén disto, son destacábeis as súas colaboracións na prensa galega, recollidas en parte na obra ''Beatus qui legit: artigos periodísticos (1998-1999)''. Debemos salientarSalienta tamén o seu papel como conferenciante, sobre todo en España e en América. Tamén ten libros de poemas: ''Versos satíricos ó xeito medieval'' ou ''Versos republicanos''. Así mesmo, realizou compilacións poéticas de homenaxe a autores galegos: ''Coroa poética para Castelao'' (1988), ''Coroa poética para un mártir'' (1996), ''Coroa literaria para Roberto Blanco Torres contra a súa morte'' (1999) e ''47 poetas de hoxe cantan a Curros Enríquez'' (2001).
 
Recibiu varios galardóns entre os que destacan o [[premio Galicia de Xornalismo]] (anos 1986 e 1990), o [[premio Nacional de Xornalismo Julio Camba]] (1988), o [[premio Otero Pedrayo]] (1989), o [[Premio Trasalba]] en [[2000]], o [[Premio Losada Diéguez|premio Losada Diéguez de investigación]] no [[2012]] e o [[Premios da Cultura Galega|Premio da Cultura Galega]] 2019.<ref>{{Cita web|url=https://www.elcorreogallego.es/tendencias/ecg/xesus-alonso-montero-amancio-prada-restauracion-portico-premios-da-cultura-galega-2019/idEdicion-2019-11-27/idNoticia-1215994/|páxina-web=www.elcorreogallego.es|data-acceso=2019-11-27|título=Xesús Alonso Montero, Amancio Prada o la restauración del Pórtico, entre los Premios da Cultura Galega 2019}}</ref>