Lakshmibai: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
HacheDous=0 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
HacheDous=0 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 12:
O 10 de maio de 1857 estoupou a rebelión contra o dominio británico en [[Meerut]] e cando a noticia chegou a Jhansi, Lakshmibai pediulle ao oficial político británico, o capitán Alexander Skene, permiso para establecer un corpo de homes armados para a súa protección e Skene concordou<ref name="Edwardes"/>. A cidade permaneceu relativamente en calma no medio dunha rexión axitada ata que en xuño rebeldes do 12º Rexemento de Infantería de Bengala tomaron o forte de Jhansi<ref name="Edwardes"/> tras capitular a gornición británica so a promesa de non recibir represalias. Non obstante, os rebeldes non cumpriron a súa promesa e mataron entre 40 e 60 oficiais británicos e mais ás súas familias. Non hai certeza da implicación da rani no masacre<ref>David, Saul (2002) ''The Indian Mutiny 1857'', London: Penguin, p. 368</ref>.
 
As forzas rebeldes permaneceron catro días na cidade, e baixo ameaza de voar o palacio onde vivía a rani lograron que lle dese unha importante suma de diñeiro. Diante o baleiro de poder na cidade asumiu o goberno e escribiulle ao maior Erskine, comisionado da división de Sagar, para lle explicar o que acontecera<ref name="Edwardes"/>. Na súa contestación, do 2 de xullo, Ekskine demandoulle administrar o distrito para o goberno británico ata chegar á cidade un superintendente británico<ref name="Edwardes"/>. As forzas de Lakshmibai fixeron fronte ao intento do príncipe Sadashiv Rao, sobriño de Gangadhar Rao, para se facer co trono e tras capturalo quedou cativo.
 
 
== Notas ==