Viveiro: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
One2 (conversa | contribucións)
One2 (conversa | contribucións)
Liña 152:
=== Patrimonio ===
[[Ficheiro:Porta CarlosV 11103TM.jpg|200px|miniatura|esquerda|[[Porta de Carlos V]], desde a Ponte da Misericordia]]
A '''[[Porta Maior de Viveiro|Porta Maior]]''', '''[[Porta de Carlos V]]''' ou '''[[Porta de Carlos V|Porta do Castelo]]''', foi construída no ano [[1548]] para honrar o rei cando pasou por Viveiro. É de estilo [[plateresco]] e foi declarada [[Monumento Nacional]] en [[1942]]. Unha inscrición sobre o arco indica que foi construída "Sendo [[correxedor]] o licenciado Canosa de Tordesillas"; en cadanseu lado da porta ten os escudos da [[Escudo de Viveiro|cidade]] e de [[Escudo de Galicia|Galicia]]; no [[corpo]] superior, un grande escudo do emperador Carlos I, co seu busto no [[Frontón (arquitectura)|frontón]] triangular. Dentro do arco, nunha furna, está a imaxe de [[Roque de Montpellier|San Roque]], do século XVIII, que estivo na fachada da casa do Correxedor até 1867.
 
As outras dúas portas aínda existentes son a '''[[Porta do Valado]]''', que conserva restos da primitiva muralla, e a '''[[Porta da Vila]]''', en cuxo arco se garda unha imaxe de [[Cristo]] do século XVIII entre outras dúas da [[Virxe María|Virxe]] e [[Xoán o Evanxelista|San Xoán]], do século XVI. A inscrición ERA MCCLV IN TEMPOR AF dá o ano 1217 como probábel para a súa construción.