Lakshmibai: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
HacheDous=0 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
HacheDous=0 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 7:
Lakshmibai naceu na capital do Estado de Benarés, seu pai era Moropant Tambe<ref>Edwardes (1975), p. 115</ref> e súa nai Bhagirathi Sapre e ámbolos dous eran maratís de [[Maharastra]]<ref>{{cita web|url=http://chroniclingamerica.loc.gov/lccn/sn84026749/1922-04-16/ed-1/seq-24/|title=Race and Religions Uniting as in the Sepoy Uprising...|obra=The Washington Times|data= 16 de abril de 1922|páxina=5}}</ref>. Ao nacer déronlle o nome de '''Manikarnika Tambe'''<ref>{{cite web|author=Allen Copsey |url=http://www.copsey-family.org/~allenc/lakshmibai/early.html |título=Lakshmibai, Rani of Jhansi – Early Life |publisher=Copsey-family.org |date=23 de setembro de 2005
}}</ref>. Seu pai traballaba para o antigo ''peshwa'' [[Baji Rao II]] que estaba desterrado en Bithur e súa nai morreulle cando Lakshmibai tiña catro anos. Educada na casa, sabía ler e escribir. En maio de 1842 casou co [[maraxá]] de Jhansi, [[Gangadhar Rao Newalkar]]<ref name="Reference A name=Meyer, Karl E. 1999 p. 138" />, e en honra da deusa [[Lakshmi]] pasou a empregar o nome de Lakshmibai. En 1851 deu a luz un neno que recibiu o nome de Damodar porén morreu con catro meses. O día anterior á súa morte, en novembro de 1853, o maraxá adoptou o fillo dun primo, Anand Rao, que tomou o nome do [[Damodar Rao de Jhansi|herdeiro falecido]]. A adopción fíxose en presenza dun funcionario británico e cunha carta do maraxá que, ao ser o novo herdeiro menor de idade, transmitía o goberno de Jhansi á súa viúva.
 
Non obstante, [[James Broun-Ramsay|Lord Dalhousie]], gobernador xeral da India rexeitou as pretensións ao trono de Damodar Rao ao ser adoptado aplicou a denominada [[doutrina da caducidade]], que supuña a anexión á [[Compañía Británica das Indias Orientais]] de calquera territorio indio gobernado por un soberano se morría sen un herdeiro varón<ref>{{cita libro|autor=Keay, John|título= India: A History|editorial=Grove Press Books|ano=2000|páxina=433}}</ref>.