Can: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Banjo (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Jglamela (conversa | contribucións)
Máis de es.wiki
Liña 103:
 
Ao igual que moitos outros animais, os cans teñen a capacidade de asociar determinados sabores cos problemas de [[saúde]], así se un [[alimento]] os fai enfermar ou fai que se atopen mal no futuro evitarán o [[sabor]] deste alimento. Este é un mecanismo instintivo de defensa, que protexe ao animal de [[veleno|envelenarse]] pola inxestión frecuente de substancias tóxicas.
 
== Comportamento ==
=== Intelixencia ===
Os cans son apreciados pola súa [[intelixencia]].<ref>{{cita web|nome=Virginia|apelidos=Morell|título=Minds of Their Own: Animals are smarter than you think|url=http://ngm.nationalgeographic.com/2008/03/animal-minds/virginia-morell-text|dataacceso=20 de maio de 2013|obra=Animal mind. National Geographic|lingua=en|cita=Just how easily new mental skills can evolve is perhaps best illustrated by dogs. Most owners talk to their dogs and expect them to understand}}</ref> Esta refírese á habilidade dun can de procesar a inormación que recibe a través dos seus sentidos para [[aprender]], adaptarse e resolver problemas. A [[etoloxía]] [[cognición|cognitiva]] é a [[Disciplina científica|disciplina]] que se encarga de estudar esta área dentro da [[cognición animal]].
 
Algúns estudos de antropoloxía evolutiva céntranse tamén na identificación das capacidades cognitivas especiais que o can posúe, e que desenvolveu debido ao seu estreito contacto co ser humano; como é a habilidade de recoñecer un [[vocabulario]] extenso. Nun exercicio para observar o seu nivel de comprensión pasivo do vocabulario humano, pediuse a un humano sentado detrás dunha barreira transparente que sostivese un xoguete e, con voz monótona, lle dese ao can a orde «trae» (''bring''). O can dirixiuse a un círculo onde estaban dispersos obxectos diferentes —dende un xoguete exactamente igual ao que o humano solicitou, ata outro tipo de cousas con texturas e olores diferentes—, o animal observou por un momento o círculo de obxectos para dirixirse a coller o xoguete exacto que se lle pedira e despois presentarllo ao humano. Tamén se lle pediu que trouxese determinados obxectos empregando só a fotografía ou réplica en miniatura do oxecto. O estudo foi complementado con dúas condicións de control adicionais para evitar que o animal actuase por preferencias preestablecidas. O exemplar empregado, un [[Border collie]], puido recoñecer ata 200 palabras do vocabulario humano.<ref>{{cita publicación periódica|título=My Dog Can Do It!|publicación=Max Planck research (FOCUS_The in the Other)|páxinas=6-7|url=http://www.mpg.de/788246/F001_Focus_018-025.pdf|dataacceso=20 de maio de 2013}}</ref>
[[Ficheiro:Dog retrieving stick.jpg|miniatura|230px|esquerda|Moitos cans poden ser adestrados facilmente para recuperar obxectos como este pau.]]
A habilidade de aprender rápido foi empregada como un dos parámetros para medir a intelixencia entre as razas caninas, outras probas teñen que ver co desexo e a habilidade de responder ante diversas situacións. Os cans guías, por exemplo, deben de aprender un número enorme de ordes, entender como comportarse nunha gran variedade de situacións e recoñecer riscos ou [[peligro]]s para o seu compañeiro humano —fronte a algún dos que nunca se enfrontaron con anterioridade—, actuando mesmo baixo o comportamento coñecido como [[desobediencia intelixente]] que significa que o animal de asistencia irá en contra do desexo do seu dono para evitar unha equivocada.<ref name="hart">{{cita novas| título = New Freedom For Blind Americans Provided By 'Seeing Eye' Specially Trained Dogs Not Only See But Think For Sightless |nome= Elizabeth|apelidos=VanDyke | revista= Hartford Courant | data= 26 de xullo de 1936 | dataacceso= 24 de novembro de 2009}}</ref><ref name="post">{{cita novas| título = Seeing Eye dogs can teach us a lesson | nome= Dr. Gifford|apelidos=Jones | revista= Kitchener Ontario Record | data= 5 de decembro de 2003 | dataacceso= 16 de novembro de 2009}}</ref>
 
Certas razas foron continuamente seleccionadas ao longo de centos ou de miles de anos pola súa capacidade de aprendizaxe rápida, mentres que noutras razas, esta calidade foi relegada en favor doutras características, como son: a habilidade de correr, perseguir, cazar ou pelexar con outros animais. Non obstante, a capacidade de aprender obediencia básica e eventualmente comportamentos complexos é inherente en todos os cans. Mesmo o can máis [[introversión|tímido]] ou distraído responde máis facilmente ao adestramento que, por exemplo, un [[gato]]. Os propietarios deben de ser simplemente máis pacientes con algunhas razas que con outras.
 
=== Socialización ===
[[Ficheiro:dog_puppy.jpg|miniatura|esquerda|180px|Cachorro repousando nun colchón.]]
Tamén nos cans, o termo socialización emprégase para caracterizar o proceso polo que o animal se relaciona coa súa contorna, coñece as súas regras, entende a [[estrutura social]] e percibe os límites. Os cans novos adoitan aprender rapidamente como comportarse con outros membros do grupo, xa sexan cans ou humanos. Os cans adultos modelan os seus cachorros mediante correccións (auditivas ou físicas) cando non se comportan da forma esperada, e con premios se teñen comportamentos aceptables (xogando con eles, alimentándoos, limpándoos...).
 
O proceso de socialización lévase a cabo especialmente de xeito intenso durante os primeiros meses de vida, e a primeira etapa esténdese aproximadamente dende a terceira ata a decimosegunda semana de vida, tempo en que se basea a maduración dos órganos sensoriais e o desenvolvemento das habilidades motoras.<ref name="Seksel" />
 
Cando son cachorros deberán experimentar:
* Interacción con outros cans (comunicación, aprendizaxe de condutas de grupo).
* Interacción con outros animais (gatos, cobaias, paxaros, cabalos).
* Interacción con seres humanos.
* Habituación aos estímulos ambientais, tales como sirenas de automóviles, ruídos cotiás no fogar, avións, sons estridentes e tamén afacerse ás multitudes ou ao tráfico.
[[Ficheiro:USMC-06639.jpg|miniatura|250px|dereita|A socialización canina refírese tanto á capacidade do can de interaccionar cos seres humanos, como á súa comprensión para comunicarse e relacionarse con outros cans.]]
Un can ben socializado aprende a estar tranquilo e receptivo á hora de facer fronte aos estraños, aos nenos, a outras mascotas e a situacións non previstas. O desenvolvemento futuro de cada can está determinado principalmente pola súa socialización e educación. Cans mal socializados terán dificultades para adaptarse á súa contorna e tenderán a presentar condutas e actitudes temerosas ou agresivas, xunto con outros trastornos do comportamento.<ref name="Seksel" /> Os procesos de socialización que non se producen nas primeiras catorce semanas de vida non poden ser substituídos. Un cachorro sen socialización con catorce semanas de vida será moi difícil de educar e/ou adestrar.<ref name="Seksel"> Kersti Seksel: ''Die Sozialisation des Hundewelpen.'' In: Vet. Focus 20 (2010), S.&nbsp;7–12.</ref> En que medida se traduce isto en [[trastornos da conduta]] dependerá da avaliación do can de xeito individual.<ref name="Seksel" />
 
Debido a que son animais con tendencia a empregar goridas no momento do [[parto]] e para criar os seus cachorros, poden aprender facilmente comportamentos como manter o seu lugar limpo e aceptar estar nunha área pechada como é o caso dunha gaiola temporal para o transporte ou outro lugar cercado.
 
=== Problemas de comportamento ===
Os trastornos da conduta canina clasifícanse en tres tipos:
# Patoloxías do desenvolvemento
# Sociopatías (relacionadas co ambiente e a súa manda humana ou animal
# Comportamentos disfuncionais que alteran a conduta normal e que se axustan para facer fronte a unha situación cotiá (fobia).<ref>{{cita libro|apelidos=Dramard|nombre=Valérie|título=Pathologie du comportement du chien|año=09/2007 (2ème édition)|editorial=du Point Vétérinaire|editor=Collection de Médecine Vétérinaire, Maisons-Alfort|isbn=9782914738958|páxinas=191}}</ref>
 
Segundo a tese de [[zoopsiquiatría]] desenvolvida por [[Patrick Pageat]]:
* Agresións de tipo xerárquicas, territorial/maternal, por medo, irritación, predatorias e redirixida.
* Destrutivas, urina/defecacións indesexadas, ansiedades, medos e fobias (á pirotecnia, por exemplo).
* Trastornos compulsivos e estereotipias (persecución de cola, autolambido).
* Trastornos alimentarios e dípsicos (anorexia/bulimia, potomanía).
* Trastornos sexuais (hípersexualidade, pseudoxestación), depresión de involución.
 
Cómpre sinalar tamén que moitas dos malos costumes son a mostra de comportamentos desenvolvidos por razóns tales como falta de actividade (como pode ser camiñatas ou deportes caninos), ausencia de socialización, disciplina, adestramento ou educación irresponsable por parte dos propios donos.
 
=== Gruñido ===
Un estudo feito en Budapest, Hungría, descubriu que os cans son capaces de saber o tamaño doutro can só con escoitar o seu gruñido. Tamén que un gruñido específico se emprega para protexer a súa comida. A investigación amosou que os cans non menten sobre o seu tamaño, e foi a primeira vez que unha investigación puxo de manifesto que os animais poden determinar o tamaño doutro polo son que producen. A proba utilizou imaxes de moitos tipos de cans, mostrando un can pequeno, despois un grande e reproducindo o gruñido de cada tipo. O resultado demostrou que vinte dos 24 cans do esnaio miraban primeiro a imaxe do can de tamaño apropiado durante os períodos máis longos de tempo.<ref name=Farag>{{Cita publicación periódica|apelidos=Faragó|nome=T|título=Dogs' Expectation about Signalers' Body Size by Virtue of Their Growls|publicación=PLoS ONE|año=2010|volumen=5|número=12|doi=10.1371/journal.pone.0015175|páxinas=e15175|pmid=21179521|pmc=3002277|bibcode = 2010PLoSO...515175F|apelidos2=Pongrácz|nome2= P|apelidos3=Miklósi|nome3= Á|apelidos4=Huber|nome4= L|apelidos5=Virányi|nome5=Z|apelidos6=Range|nome6=F}}</ref>
 
== Razas ==