Trinidad e Tobago: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
HacheDous=0 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 89:
 
== Demografía ==
Os dous grupos étnicos predominantes son os indo-trinitarios, descendentes de traballadores da [[India]] (40,3% da poboación) e afro-trinitarios, quen descenden de escravos [[África|africanos]] (39,5%). Xuntos suman ao redor do 79,8% da poboación; a maioría do resto son persoas de orixe mixta, con pequenas minorías de [[Europa|europeos]], [[China|chineses]], [[Siria|sirio]]-[[LibanoLíbano|libaneses]] e [[caribes]] (descendentes dos habitantes indíxenas, non recoñecidos como categoría diferenciada no censo).
 
Hai moitas relixións diferentes presentes en Trinidad e Tobago. As dúas maiores son os [[católico]]s e os [[hindú]]é; os [[Comuñón Anglicana|anglicanos]], [[Islam|musulmáns]], [[presbiteriano]]s, [[metodista]]s son minoritarias. Dúas [[fe (relixión)|fes]] sincréticas afrocaribeñas, os clamadores ou [[bautistas espirituais]] e a fe [[orisha]] (antes chamados [[shangó]]s) están entre os grupos relixiosos de máis rápido crecemento. Tamén os [[mormón]]s se estenderon desde mediados dos [[anos 1980|80]].