Walter Schottky: Diferenzas entre revisións
1ª edición con info. da wiki en castelán |
(Sen diferenzas.)
|
Revisión como estaba o 3 de xullo de 2020 ás 22:08
Esta páxina ou sección está a editarse nestes intres. Para evitar posibles conflitos de edición, non edites esta páxina ou sección mentres vexas esta mensaxe. Revisa o historial de edicións para saber quen traballa nela. O usuario Xoio (conversa · contribucións) realizou a última edición na páxina hai 3 anos. O tempo máximo de presenza deste marcador é dun mes dende a última edición do usuario que o puxo; pasado ese tempo debe retirarse. |
Walter Hermann Schottky, nado o 23 de xullo de 1886 en Zúric, Suiza e fin ado o 4 de marzo de 1976 en Forchheim, Baviera, Alemaña foi un físico alemán.
Foto de Walter Hermann Schottky contra 1920 | |
Nome orixinal | Walter Hermann Schottky |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 23 de xullo de 1886 Zúric, Suíza |
Morte | 4 de marzo de 1976 Forchheim, Baviera, Alemaña |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | alemá |
Formación profesional | Doutor en Física |
Educación | Universidade Humboldt de Berlín Universidade de Wurzburgo |
Director de tese | Max Planck e Heinrich Rubens (pt) |
Actividade | |
Campo de traballo | Física do estado sólido (pt) , física, enxeñaría eléctrica, Electrónica, Semicondutor, electron emission (en) e Investigación e Desenvolvemento |
Ocupación | Físico, inventor, profesor universitario e enxeñeiro |
Empregador | Universidade de Jena) Siemens AG Universidade de Wurzburgo Universidade de Rostock Siemens AG |
Profesores | Max Planck |
Lingua | Lingua alemá |
Familia | |
Pai | Friedrich Schottky |
Irmáns | Ernst Max Schottky |
Premios | |
Medalla Hughes (1936) Medalla Carl Friedrich Gauss (1962) Werner-von-Siemens-Ring (1964) | |
Lista
|
Traxectoria
Fillo do matemático Friedrich Schottky, estudou física na Universidade Humboldt de Berlín e na Universidade de Wurzburgo. Foi alumno de Max Planck, que dirixiu súa tese de doutoramento. Traballou para Universidade de Jena (1912-1914), a empresa Siemens AG (1914-1919), a Universidade de Wurzburgo (1919-1923), a Universidade de Rostock (1923-1927) e, de novo, para Siemens AG (1927-1958).
Schottky inventou a pantalla da rede de tubo de baleiro en 1915 e a válvula termoiónica tetrodo en 1919, mentres traballaba na Siemens. En 1938 formulou unha teoría para predicir o efecto Schottky, que agora se utiliza nos diodos Schottky.
Foi galardoado en 1936 coa medalla Hughes, concedida pola Royal Society «polo seu descubrimento do efecto Schrotlky na emisión termoiónica e a súa invención do tetrodo de pantalla de rede e dun método superheterodino de recibir sinais inalámbricas». O efecto Schrottky describe as variacións espontáneas en tubos de baleiro.
En 1964 recibiu o Anel Werner von Siemens en honor ao seu pioneiro labor no desenvolvemento físico para a comprensión de moitos fenómenos que deron lugar a numerosos e importantes aparatos técnicos, entre eles amplificadores de tubo e semiconductores.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Walter Schottky |