Gordie Howe: Diferenzas entre revisións

xogador de hóckey sobre xeo canadense
Contido eliminado Contido engadido
Jglamela (conversa | contribucións)
Traducido de en:Gordie Howe
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 3 de xullo de 2020 ás 21:06

Gordon Howe, nado en Floral (Saskatchewan) o 31 de marzo de 1928 e finado en Sylvania (Ohio) o 10 de xuño de 2016, foi un xogador de hóckey sobre xeo canadense. Entre 1946 e 1980 xogou vinte e seis temporadas na National Hockey League (NHL) e seis na World Hockey Association (WHA); as súas vinte e cinco primeiras temporadas as pasou cos Detroit Red Wings. Alcumado "Mr. Hockey", Howe adoita ser considerado o xogador máis completo da historia do deporte, e un dos máis grandes de todos os tempos.[1][2] Cando se retirou, os seus 801 goles, 1049 asistencias e 1850 puntos totais foron todos récord da NHL, que se mantiveron ata que os superou Wayne Gretzky, el mesmo gran defensor do legado de How. Participou vinte e tres veces no NHL All-Star, e mantén as marcas de máis partidos e máis temporadas xogadas na NHL. En 2017, Howe foi nomeado un dos "100 Mellores Xogadores da NHL".[3]

Gordie Howe
Nacemento31 de marzo de 1928
Lugar de nacementoFloral
Falecemento10 de xuño de 2016
Lugar de falecementoSylvania
CausaIctus
NacionalidadeCanadá
Ocupaciónxogador de hóckey sobre xeo
CónxuxeColleen Howe
FillosMark Howe e Marty Howe
IrmánsVic Howe
PremiosOficial da Ordem do Canadá, Canada's Walk of Fame, Hart Memorial Trophy, Hart Memorial Trophy, Hart Memorial Trophy, Hart Memorial Trophy, Hart Memorial Trophy, Hart Memorial Trophy, Art Ross Trophy, Art Ross Trophy, Art Ross Trophy, Art Ross Trophy, Art Ross Trophy, Art Ross Trophy, Canada's Sports Hall of Fame, Hockey Hall of Fame e Lester Patrick Trophy
Na rede
http://www.mrandmrshockey.com
IMDB: nm1172312 WikiTree: Howe-9318 Find a Grave: 164216364 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Howe debutou na NHL cos Red Wings en 1946. Gañou o Art Ross Trophy por liderar a liga en puntos todos os anos entre 1950-51 e 1953-54 e de novo en 1956-57 e 1962-63, un total de seis ocasións, segundo na historia da NHL. Liderou a liga en goles catro veces. Foi clasificado entre os dez mellores da liga vinte e un anos consecutivos e estableceu un récord de puntos da NHL nunha temporada (95) en 1953, marca que foi superada seis anos despois. Gañou a Copa Stanley cos Red Wings catro veces e gañou seis trofeos Hart como xogador máis valioso da NHL. Tamén foi o líder da NHL en puntos nos playoff seis veces.

Howe retirouse por primeira vez en 1971 e foi incluído inmediatamente no Saskatchewan Sports Hall of Fame ese mesmo ano. O ano seguinte foi incorporado ao Hockey Hall of Fame, mais volveu dous anos despois para unirse aos seus fillos Mark e Marty cos Houston Aeros da WHA. Aínda que xa na metade da corentena, marcou máis de cen puntos dúas veces en seis anos, gañou dous trofeos Avco World consecutivos (1974 e 1975) foi nomeado o xogador máis valioso en 1974. Fixo un breve regreso á NHL en 1979-80, xogando unha temporada cos Hartford Whalers, retirándose aos 52 anos. O seu paso pola WHA foi crucial no breve éxito anterior á fusión coa NHL, forzando á NHL a recrutar xogadores europeos e expandirse a novos mercados.

Howe foi célebre pola súa habilidade marcando, a súa forza física e a lonxevidade da súa carreira, e redefiniu as calidades ideais dun dianteiro. É o único xogador que competiu na NHL en cinco décadas diferentes (dende a de 1940 á de 1980); tamén xogou un cambio nun partido de 1997 cos Detroit Vipers da IHL, xogando ao hóckey profesional unha sexta década. Deu nome ao "Gordie Howe hat trick": un gol, unha asistencia e unha liorta no mesmo partido, aínda que el só o rexistrou dúas veces na súa carreira. Foi o primeiro receptor do NHL Lifetime Achievement Award en 2008.

Estatísticas

A letra grosa indica líder da liga

Regular season Playoffs
Temporada Equipo Liga GP G A Pts PIM GP G A Pts PIM
1945–46 Omaha Knights USHL 52 22 26 48 53 6 2 1 3 15
1946-47 Detroit Red Wings NHL 58 7 15 22 52 5 0 0 0 18
1947-48 Detroit Red Wings NHL 60 16 28 44 63 10 1 1 2 11
1948-49 Detroit Red Wings NHL 40 12 25 37 57 11 8 3 11 19
1949-50 Detroit Red Wings NHL 70 35 33 68 69 1 0 0 0 7
1950-51 Detroit Red Wings NHL 70 43 43 86 74 6 4 3 7 4
1951-52 Detroit Red Wings NHL 70 47 39 86 78 8 2 5 7 2
1952-53 Detroit Red Wings NHL 70 49 46 95 57 6 2 5 7 2
1953-54 Detroit Red Wings NHL 70 33 48 81 109 12 4 5 9 31
1954-55 Detroit Red Wings NHL 64 29 33 62 68 11 9 11 20 24
1955-56 Detroit Red Wings NHL 70 38 41 79 100 10 3 9 12 8
1956-57 Detroit Red Wings NHL 70 44 45 89 72 5 2 5 7 6
1957-58 Detroit Red Wings NHL 64 33 44 77 40 4 1 1 2 0
1958-59 Detroit Red Wings NHL 70 32 46 78 57
1959-60 Detroit Red Wings NHL 70 28 45 73 46 6 1 5 6 4
1960-61 Detroit Red Wings NHL 64 23 49 72 30 11 4 11 15 10
1961-62 Detroit Red Wings NHL 70 33 44 77 54
1962-63 Detroit Red Wings NHL 70 38 48 86 100 11 7 9 16 22
1963-64 Detroit Red Wings NHL 69 26 47 73 70 14 9 10 19 16
1964-65 Detroit Red Wings NHL 70 29 47 76 104 7 4 2 6 20
1965-66 Detroit Red Wings NHL 70 29 46 75 83 12 4 6 10 12
1966-67 Detroit Red Wings NHL 69 25 40 65 53
1967-68 Detroit Red Wings NHL 74 39 43 82 53
1968-69 Detroit Red Wings NHL 76 44 59 103 58
1969-70 Detroit Red Wings NHL 76 31 40 71 58 4 2 0 2 2
1970-71 Detroit Red Wings NHL 63 23 29 52 38
1973-74 Houston Aeros WHA 70 31 69 100 46 13 3 14 17 34
1974-75 Houston Aeros WHA 75 34 65 99 84 13 8 12 20 20
1975-76 Houston Aeros WHA 78 32 70 102 76 17 4 8 12 31
1976-77 Houston Aeros WHA 62 24 44 68 57 11 5 3 8 11
1977-78 New England Whalers WHA 76 34 62 96 85 14 5 5 10 15
1978-79 New England Whalers WHA 58 19 24 43 51 10 3 1 4 4
1979-80 Hartford Whalers NHL 80 15 26 41 42 3 1 1 2 2
1997-98 Detroit Vipers IHL 1 0 0 0 0
Totais da WHA 419 174 334 508 399 78 28 43 71 115
Totais da NHL 1767 801 1049 1850 1685 157 68 92 160 220

Notas

  1. Sinclair, Ron (10 de xuño de 2016). "Gordie Howe dies at 88". CBC Sports. Consultado o 12 de xuño de 2016. 
  2. "Players: Gordie Howe Biography". Hockey Hall of Fame. Consultado o 26 de xuño de 2013. 
  3. "100 Greatest NHL Players". National Hockey League. 1 de xaneiro de 2017. Consultado o 1 de xaneiro 2017. 

Véxase tamén

Ligazóns externas