Fernando Fernán Gómez: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Breobot (conversa | contribucións)
m Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores)
Liña 58:
En 1981 protagonizou o memorable ''Maravillas'' de [[Manuel Gutiérrez Aragón|Gutiérrez Aragón]], e comezou a encadear éxitos de crítica e público (''La colmena'', ''Stico'', ''Los zancos'', ''Réquiem por un campesino español'', ''La corte del faraón'', ''La mitad del cielo'' e ''El viaje a ninguna parte''). Termina a década con excelentes traballos en películas non moi ben acollidas pero de calidade: ''Esquilache'' e ''El río que nos lleva''. En 1986 rodou na Arxentina ''Pobre mariposa'', de [[Raúl de la Torre]], xunto a un elenco internacional con [[Bibi Andersson]], [[Vittorio Gassman]], [[Fernando Rey]] e [[Graciela Borges]]. Nesta década está moi activo nos seus traballos para TVE (''Ramón y Cajal'', ''Fortunata y Jacinta'', ''Las pícaras'' ou ''Cuentos imposibles'').
 
A década dos 90 presencia o inicio dun período de menor actividade profesional derivada dalgúns problemas de saúde e, seguramente, de falta de papeis de envergadura para un actor como el. Agás ''[[Belle Époque (filme)|Belle Époque]]'' e o [[Oscar á mellor película estranxeira]] que consegue a cinta, non é ata 1998 cando volve aparecer en obras tan distintas como importantes (cada unha ó seu xeito) como son ''El abuelo'' (nomeada ó Oscar e de gran éxito de taquillaportelo) e ''Pepe Guindo'' (homenaxe-ficción ó gran actor por parte dun director infravalorado pero nada mediocre como [[Manuel Iborra]]). Entre medias, estivo varias tempadas na serie de TV ''Los ladrones van a la oficina'', que o devolvería a popularidade xunto a grandes nomes da interpretación como [[Agustín González]], [[Manuel Alexandre]] ou [[José Luis López Vázquez]]. Despois recupera folgos con tres grandes películas (''Todo sobre mi madre'', ''Plenilunio'' e o éxito popular ''[[A lingua das bolboretas]]'').
 
Máis recentemente rodou a incomprendida ''Visionarios'', de Gutiérrez Aragón, ''El embrujo de Shangai'', con [[Fernando Trueba]], ''Para que no me olvides'', e a súa última gran interpretación, en ''[[En la ciudad sin límites]]'', de [[Antonio Hernández]].