Guerra de Bosnia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breobot (conversa | contribucións)
m Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores)
Breobot (conversa | contribucións)
m Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores)
Liña 150:
O [[21 de xuño]] de [[2007]], o Centro de Investigación e Documentación de Saraxevo publicou a máis ampla investigación sobre as baixas da guerra de Bosnia-Herzegovina titulado ''O libro bosnio dos Mortos'' -unha base de datos que revela 97.207 nomes de cidadáns mortos e desaparecidos durante a guerra de 1992-1995. Un equipo internacional de expertos avaliou os resultados antes de que foran publicados. Máis de 240.000 bases de datos foron recollidas, tratadas, estudadas e avaliadas polo equipo internacional de expertos, obtendo o número final de máis de 97.000 nomes de vítimas, pertencentes a todas as nacionalidades. Das 97.207 mortes documentadas en Bosnia-Herzegovina, o 83 % das vítimas civís foron [[Bosnia|bosnios]], o 10 % [[Serbia|serbios]] e máis do 5 %, [[Croacia|croatas]], seguido por un pequeno número doutros, como [[Albania|albaneses]] ou [[pobo xitano|romanís]]. A porcentaxe de vítimas bosnias podería ser superior, pois hai superviventes de Srebrenica que informaron que os seus seres queridos eran 'soldados' para accederen aos servizos sociais e outros beneficios do goberno. A cifra total de mortos podería aumentar até un máximo doutros 10.000 para todo o país debido ás investigacións en curso.<ref>{{Cita web |url=http://www.iht.com/articles/ap/2007/06/21/europe/EU-GEN-Bosnia-War-Victims.php |título=A investigación mostra que as estimacións do número de mortos foron inchadas |data-acceso=27 de xuño de 2007 |urlarquivo=https://web.archive.org/web/20070627040825/http://www.iht.com/articles/ap/2007/06/21/europe/EU-GEN-Bosnia-War-Victims.php |dataarquivo=27 de xuño de 2007 |urlmorta=non }}</ref><ref>[http://www.birn.eu.com/en/88/10/3377/ Libro bosnio dos Mortos]</ref>
 
As grandes discrepancias en todas estas estimacións son polo xeral debido á contradición das definicións dos que poden ser considerados víctimasvítimas da guerra. Algunhas investigacións computan só as vítimas directas da actividade militar, mentres que outros computan tamén vítimas indirectas, como os que morreron como consecuencia das duras condicións de vida, fame, frío, enfermidades ou outros accidentes causados indirectamente pola guerra. Tamén se utilizaron cifras máis altas cando moitas das vítimas se computaron dúas ou tres veces, tanto en civís como en militares, ademais de que pouco ou nada de comunicación e coordinación pode haber entre estas listas en condicións de guerra. A manipulación dos números á hoxe en día moi utilizada polo [[revisionismo histórico]] para cambiar o carácter e o alcance da guerra en Bosnia-Herzegovina. Porén, a maioría dos estudos independentes non foron acreditados por ningún dos gobernos involucrados no conflito e non hai resultados oficiais que sexan aceptábeis para todas as partes.
 
Non debe esquecerse que tamén houbo baixas significativas por parte das tropas internacionais en Bosnia-Herzegovina. Uns 320 soldados da [[UNPROFOR]] morreron durante este conflito.