Julio Rey Pastor: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
→‎Biografía: ortografía
m →‎Recoñecemento: ortografía
Liña 1:
{{Biografía}}
'''Julio ReiRey Pastor''' ([[Logroño]], España, [[14 de agosto]] de [[1888]] – [[Buenos Aires]], [[Arxentina]], [[21 de febreiro]] de [[1962]]) foi un [[Matemáticas|matemático]] español.
 
== Biografía ==
Os seus primeiros estudos foron dirixidos na súa cidade natal pola familia da súa nai, e proseguiunos no Instituto Sagasta de Logroño, no que logrará o título de Bacharel en 1903. A súa primeira intención foi a de prepararse para a carreira militar, pero non é admitido na Academia Militar de Zaragoza, ao suspender ,entre outros, o exercicio de matemáticas e decide estudar [[Ciencias exactas|Ciencias Exactas]] na propia [[Universidade de Zaragoza]], onde foi alumno de [[Zoel García de Galdeano]] ao que ReiRey Pastor cualificaría de apóstolo da matemática moderna.<ref>[http://www.enciclopedia-aragonesa.com/voz.asp?voz_id=6143&tipo_busqueda=1&nombre=galdeano&categoria_id=&subcategoria_id=&conImagenes= Zoel García de Galdeano] en la [[Gran Enciclopedia Aragonesa]]</ref>
 
En 1909 le a súa tese doutoral sobre ''Correspondencia de figuras elementais'' en [[Madrid]], cidade na que funda, xunto a outros matemáticos, a [[Sociedade Matemática Española]]. En 1911 obtén por oposición a [[Cátedra]] de [[Análise matemática|Análise Matemática]] da [[Universidade de Oviedo]]. En dous cursos obtivo bolsas da [[Junta para Ampliación de Estudios e Investigaciones Científicas|Xunta para a Ampliación de Estudos]] que os continúa en [[Alemaña]]: en 1911 en [[Berlín]]<ref>{{Cita publicación periódica|título=Real orden aprobando la propuesta hecha por la Junta para ampliación de estudios é investigaciones científicas, para la concesión de pensiones en el extranjero.|número=272|páxinas=786-787|lugar=Madrid|url=http://boe.es/datos/pdfs/BOE//1911/272/A00786-00787.pdf|data=29 de septiembre de 1911|ref=BOE-A-1911-7587|data-acceso=12 de octubre de 2017}}</ref> e en 1913, en [[Gotinga]], baixo a titoría de [[Felix Klein]]. Isto permitiulle coñecer de primeira man o [[Programa de Erlangen]]. En 1913 inaugurou o curso na [[Universidade de Oviedo]] cun discurso sobre a ''Historia de las Matemáticas en España'', que posteriormente foi editado co título ''Los matemáticos españoles del siglo XV''I. Desde 1914 exerceu a súa cátedracátedra na [[Universidade Complutense de Madrid]]. A súa actividade, desde estes primeiros anos en que conseguiu os seus postos académicos, foi acompañada da investigación histórica das orixes e evolución da matemática, con atención especial aos matemáticos españois. Froito dos seus cursos foi o ''Resumen de las lecciones de Análisis Matemático'', que conteñen material que reproduciría ampliado posteriormente nos seus ''Elementos de Análisis Algebraico''. Durante estes anos publicou numerosos artigos e ditou moitas conferencias. No [[Ateneo de Madrid]] pronunciou ao longo de 1915 un ciclo, continuando en certo xeito os de [[José Mariano Vallejo]] e [[José Echegaray]], que se publicou ao ano seguinte nun pequeno volume co título de ''Introdución a la matemática superior''. Foron leccións precursoras da nova orientación que estaban a tomar as matemáticas. En 1917 viaxou a [[Buenos Aires]] e ao seu regreso fundou a ''[[Revista Matemática Hispano-Americana]]''. Foi precisamente en 1917 cando estivo por vez primeira en [[Buenos Aires]], onde foi convidado pola Institución Cultural Española para ocupar a cátedra que acababa de deixar [[José Ortega y Gasset]]. A impresión que as súas conferencias produciron entre os estudantes de matemáticas foi tan grande que tivo que volver os anos seguintes. En 1919, de regreso en España, retomou a súa actividade no Laboratorio e Seminario Matemático que el mesmo fundara, dependente da Xunta para a Ampliación de Estudos e da [[Universidade de Madrid]]. Aquel ano, a revista da ''[[Sociedade Matemática Española]]'' entrou en crise por falta de artigos científicos, o cal fixo convocar unha xunta xeral extraordinaria para facer fronte ao problema. Cambiáronse os membros da xunta directiva, excepto García de Galdeano e Rey Pastor. Aprobouse a publicación da Revista Matemática Hispanoamericana, comprometéndose ReiRey Pastor a custeala.
 
Ingresou na Real Academia de Ciencias Exactas, Físicas e Naturais en 1920, un ano antes de trasladarse de modo definitivo á Arxentina, onde obtivo un posto na [[Universidade de Buenos Aires]], casou e tivo dous fillos. Con todo, mantivo estreitos contactos co mundo matemático español, posto que aproveitaba o período vacacional arxentino para trasladarse a España, entre eles, mantivo intenso contacto co matemático e profesor [[Palencia|palentino]] José del Corral y Herrero ao que tentou persuadir de que se fose con el a Arxentina debido á escaseza de oportunidades que brindaba naquela época España aos homes de Ciencia e intelectuais en xeral.<ref>Mateo Pinilla, Jesús. ''Mi Palencia íntima'', editado por Amalio García Sieteiglesias, artículo/capítulo: "Mi última lección de matemáticas" J. Mateo Pinilla cuenta la anécdota de la invitación de Julio Rey Pastor a José del Corral Herrero de irse a Argentina</ref> En [[1954]] ingresou tamén na [[Real Academia Española]] sucedendo na cadeira de brazos «F» a Emilio Fernández Galiano e precedendo a Manuel Halcón, marqués de Villar de Tajo (e un dos que posteriormente proporía a candidatura á [[Real Academia Española|RAE]] de [[Emilio Alarcos Llorach]]). En 1959 é nomeado profesor emérito pola [[Universidade de Buenos Aires]]. Ese mesmo ano concédeselle a Gran Cruz da [[Orde Civil de Afonso X o Sabio|Orde Civil de Alfonso X o Sabio]].<ref>Boletín Oficial del Estado núm. 79, de 02/04/1959, página 4990. [http://boe.es/datos/pdfs/BOE//1959/079/A04990-04990.pdf Decreto 471/1959], de 1 de abril</ref>
Liña 15:
 
== Recoñecemento ==
Aproveitando o movemento de rexeneración cultural que se produce en España tras a crise de [[1898]], ReyiRey Pastor consegue saír de España e acceder ao que fai a elite matemática europea, algo que anima a facer a outros colegas seus como o matemático José del Corral y Herrero, quen, finalmente, optará por permanecer en España. Foi ademais uno dos primeiros matemáticos españois que puido investigar en boas condicións, polo que foi un asiduo das publicacións especializadas da época e un científico recoñecido entre os seus iguais. A Biblioteca do Departamento de Matemática na Facultade de [[Ciencias exactas|Ciencias Exactas]] da Universidade de Buenos Aires, o Premio Nacional de Investigación Matemática, unha rúa e un colexio concertado en Logroño, a súa cidade natal (Colexio Rey Pastor); o Instituto de Madrid, o I.E.S Rey Pastor, no Distrito de [[Moratalaz]] e a Biblioteca da Escola Politécnica Superior da [[Universidade Carlos III]] de [[Madrid]], en [[Leganés]], levan o seu nome. Quíxose tamén dar o seu nome a un cráter da [[Lúa]], pero a [[Unión Astronómica Internacional]] rexeitouno, preferindo o do inglés [[Michael Faraday]].<ref>{{Cita web|lingua=en|url=https://the-moon.wikispaces.com/Faraday|título=Ficha del cráter de la Luna Faraday|data-acceso=14 de enero de 2016}}.</ref>
 
A ''biblioteca Jorge Juan'' do [[Consello Superior de Investigacións Científicas|CSIC]] conserva o fondo de Arquivo Julio Rey Pastor. Está composto de documentos procedentes do antigo Laboratorio e Seminario Matemático e do Instituto Jorge Juan de Matemáticas do CSIC, en particular os traballos do matemático Julio Rey Pastor, de cando era novo, como o manuscrito da súa tese. En bo estado de conservación, atópase nun depósito especial para a súa preservación; o contido exhaustivo deste fondo atópase no catálogo de arquivos da Rede de Bibliotecas e Arquivos do CSIC, e pódese consultar en alta resolución dentro do proxecto SIMURG.<ref>{{Cita web|url=http://sitios.csic.es/web/biblioteca-jorge-juan/archivo-julio-rey-pastor|título=Archivo del CISC: tesoros de la ciencia}}.</ref>