Diferenzas entre revisións de «Osíxeno»

m
Lingua grega antiga
m (Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores))
m (Lingua grega antiga)
Debido á súa reactividade química, o osíxeno non pode permanecer na [[atmosfera terrestre]] como elemento libre sen ser reabastecido constantemente pola [[fotosíntese|acción fotosintética]] dos organismos que utilizan a enerxía solar para producir osíxeno. O osíxeno elemental O<sub>2</sub> soamente empezou a acumularse na atmosfera logo da aparición destes organismos, aproximadamente fai 2500 millóns de anos.<ref>{{cita publicación periódica|título=NASA Research Indicates Oxygen on Earth 2.5 Billion Years ago|url=http://www.nasa.gov/home/hqnews/2007/sep/HQ_07215_Timeline_of_Oxygen_on_Earth.html|editor=[[NASA]]|data=27 de setembro de 2007|dataacceso=22 de xullo de 2012|lingua=inglés}}</ref> O [[alótropos do osíxeno|alótropo]] [[ozono]] ({{chem|O|3}}) é un forte absorbente de [[radiación ultravioleta]], e a [[Ozonosfera|capa de ozono]] a grande altitude da [[Terra]] axuda a protexer a biosfera desta radiación. Porén, o ozono é un axente contaminante preto da superficie terrestre, dándose como produto derivado do ''[[smog]]''. A altitudes de [[órbita baixa terrestre]], o osíxeno atómico presente causa a [[corrosión]] das [[nave espacial|naves espaciais]].<ref>{{cita web|data-acceso=8 de agosto de 2009|url=http://www.spenvis.oma.be/spenvis/help/background/atmosphere/erosion.html|título=Atomic oxygen erosion|url-arquivo=https://web.archive.org/web/20070613121048/http://www.spenvis.oma.be/spenvis/help/background/atmosphere/erosion.html|data-arquivo=13 de xuño de 2007|urlmorta=si}}</ref>
 
O osíxeno foi descuberto de forma independente polo [[químico]] [[Suecia|sueco]] [[Carl Wilhelm Scheele]] en [[Uppsala]] cara ao ano 1773, e polo [[científico]] [[Gran Bretaña|británico]] [[Joseph Priestley]] en [[Wiltshire]] no ano 1774,<ref name="Priestley"/> pero Priestley adoita nomearse de forma prioritaria xa que a súa obra publicouse primeiro. En 1777 [[Antoine Lavoisier]] deulle o seu nome, e grazas os seus experimentos axudou a desacreditar a ata entón popular [[teoría do floxisto]] da [[combustión]] e [[corrosión]]. O nome provén das raíces [[GregoLingua antigogrega antiga|gregas]] ὀξύς (oksýs) («ácido», literalmente «punzante», en referencia ao [[sabor]] dos [[ácido]]s) e γόνος (-gónos) («produtor», literalmente «enxendrador»), porque na época en que se lle deu esta denominación críase, incorrectamente, que todos os ácidos requirían osíxeno para a súa composición. As aplicacións máis habituais do osíxeno son entre outras o seu uso en [[calefacción]]s residenciais e [[motor de combustión interna|motores de combustión interna]], na produción de [[aceiro]], [[plástico]]s e [[téxtil]]es, aplicacións de corte industrial e [[soldadura]] de aceiros e outros metais, como propulsor para [[foguete]]s, para [[terapia de osíxeno|terapias de osíxeno]] e [[sistema de soporte vital|sistemas de soporte vital]] en [[aeronave]]s, [[submarino]]s, [[nave espacial|naves espaciais]] tripuladas e no [[mergullo]].
 
== Características ==
104.854

edicións