Marlon Brando: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Liña 47:
En base a estes éxitos, a carreira de Brando seguiu en ascenso. Nos anos seguintes interveu en varias películas de xéneros diversos, incluída a comedia, como en ''A casa de té da lúa de agosto'', na que dá vida a un xaponés que fai de intérprete para as forzas de ocupación americanas. Con todo, ao final dos [[Década de 1950|anos cincuenta]] as súas interpretacións comezaron a decaer. Brando parecía perder a súa forza expresiva e as pautas que el mesmo establecera para o seu traballo e que lle deron tan bo resultado.
 
Nos [[Década de 1960|anos sesenta]] a carreira de Brando decayódecaeu aínda máis. As súas actuacións careceron de toda inspiración, como en ''O motín da Bounty'' e outras películas nas que interveu. A pesar de que conservaba o seu prestixio das primeiras películas, a súa popularidade alcanzara un punto mínimo. Tampouco os produtores e os directores confiaban nel, debido ás súas interpretacións mediocres e á súa condición de actor difícil.
 
As cousas cambiaron para Brando cando se lle presentou a oportunidade de interpretar ao xefe dunha familia mafiosa en ''[[O padriño]]'' (''The Godfather''). Foi Brando quen insistiu en que se fixese unha proba filmada do personaxe interpretado por el, e ocupouse persoalmente da maquillaxe. O director [[Francis Ford Coppola]] quedou impresionado por Brando caracterizado como [[Vito Corleone]] e tivo que loitar por convencer aos produtores para que aceptasen a Brando para este papel.