Otto von Bismarck: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breobot (conversa | contribucións)
m Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores)
m →‎Ascendencia: arranxiño
Liña 90:
=== Ascendencia ===
 
A familia Bismarck era unha familia da [[Nobreza|antiga nobreza]] da [[Marca (territorio)|Marca]] que antes de Otto von Bismarck non dera ningunha personalidade relevante. O seu pai, Ferdinand von Bismarck, era un [[Fidalguía|fidalgo]] de [[provincia]]s pouco influente, que renunciara prematuramente ao seu cargo de oficial do exército prusiano<ref>Mommsen, Wilhelm, “La juventud de Bismarck”..., páx. 17.</ref> En 1806 casou con Luise Wilhelmine Mencken, unha [[Burguesía|burguesa]] filla dun conselleiro privado de [[Berlín]]. Comparada co rudo fidalgo campesiño, a súa esposa era ununha personalidade eminente e moi cultivada cuxa maior ambición cifrábase no seu fillo. A miúdo discutiuse a influencia que exerceu no mozo Bismarck a disparidade de caracteres e de orixe dos seus proxenitores. A cuestión, con todo, é un deses misterios da natureza que a razón humana xamais chegará a descifrar.<ref name="Werber">Richter, Werner, “Infancia”..., páx. 12.</ref><ref>Feuchtwanger, E. J. “Nota del autor, Bismarck; misterios”..., páx. 10.</ref> En Bismarck parece tamén confirmarse o feito de que as persoas xeniais xorden precisamente da diversidade. No futuro, o propio Bismarck sentiríase cada vez máis atraído polo seu pai, malia ser consciente do seu [[primitivismo]]. A súa nai quixo guiarlle e influírlle en demasía. O fillo afirmaría máis tarde: «A miña nai era unha muller fermosa, amante do luxo, de intelixencia despexada e viva, pero carente case por completo diso que chamamos carácter berlinés».<ref name="Mommsen">Mommsen, Wilhelm, “La juventud de Bismarck”..., páx. 18.</ref>
 
=== Descendencia ===