Macau: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores)
Breobot (conversa | contribucións)
m Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores)
Liña 66:
En [[1550]], baixo o pretexto de secar a súa carga, os portugueses construíron uns predios en Macau. A colonia permanente foi fundada en [[1557]], e tiña un valor inmenso, especialmente cando as autoridades da China prohibiron o comercio directo co [[Xapón]] perante mais de cen anos, ao mesmo tempo os portugueses gañaron o monopolio nese comercio. Naturalmente, Macau era un porto importante no comercio entre [[Europa]], a China e o Xapón, tamén.
 
Portugal pagaba polo alugamento de Macau á China entre [[1573]] e [[1845]]. A importancia do porto de Macau reduciuse na [[primeira guerra do opio]] en [[1841]] cando [[Hong Kong]] se tornou no porto occidental maismáis importante na China. A illa de Taipa foi ocupada polos portugueses no [[1851]], mais o goberno da China só recoñeceu a ocupación de Macau no [[1887]]. A [[Pataca macaense|pataca]], a moeda local de Macau, foi lanzada polo [[Banco Nacional Ultramarino]] no [[1905]]. A súa cuotación equivale á cuotación do [[dólar de Hong Kong]]. A poboación de Macau aumentou moito durante a [[Segunda Guerra Mundial]] porque moitas persoas fuxiron da ocupación xaponesa de [[Cantón, China|Cantón]] e de Hong Kong a Macau, visto que o [[Xapón]] respectaba a neutralidade de Portugal na guerra, a pesar disto o porto foi bombardeado aínda que aducindo que fora un erro por parte xaponesa.
 
Despois da [[Revolución dos Caraveis]] en [[1974]], Portugal alterou o estatuto de Macau para “un territorio chinés baixo administración portuguesa”. Propuxeron neste tempo a devolución de Macau a China, pero os chineses querían resolver a situación de Hong Kong antes de Macau. O contrato da devolución de Macau á China foi afirmado no ano [[1987]], e o [[20 de decembro]] de [[1999]] foi fundada a [[Rexión Administrativa Especial da República Popular da China|rexión administrativa especial]] de Macau, co sistema chinés de “un país, dous sistemas”. Este sistema garante que Macau pode continuar co seu sistema de goberno con moita autonomía, só as relacións exteriores e a defensa son controladas polos chineses.