Entroido de Ribadeo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
BanjoBot (conversa | contribucións)
m Correccións ortográficas
Liña 96:
Gómez Yáñez, Rebeca:
[...] as rúas vístense de cor durante case unha semana. Nenos e maiores desfrutan o mesmo ó disfrazarse, e nas casas non poden faltar as comidas típicas como son as filloas, as orellas e todo tipo de doces.
Aínda que o gran día é o martes, os días anteriores xa percorren por Ribadeo os máis diversos disfraces, e como non, as charangas, coas súas cancións ruidosas e divertidas. Pero ó chegar o martes tamén chega o desfile. Aquí si que hai traxes e vestimentas de todo tipo, todo vale para cambiar de imaxe aínda que só sexa un día. Ademais todos queren gañar o primeiro premio e a imaxinación de cada un é o que conta. Neste desfile xa se viu algunha vez a altos cargos do goberno, a persoas que case se pode dicir que levan un disfraz reciclado, outros optan por unha imaxe máis elegante e cóbrense de plumas, e así podería seguir indicando os traxes máis extravagantes. Pero sinsen dudadúbida, o que máis chama a atención son as charangas, ó mellor é porque os traxes que van levar é un dos segredos mellor gardados, ou pola rivalidade que hai entre elas, pois case sempre participan as mesmas cada ano. ¡Ai! cáse me esquecía doutra parte importante deste acontecemento. Falo das carrozas. Estas acostuman ser as máis divertidas, xa que ás veces montan cada unha ...
 
Esto non remata aquí, xa que é pola noite cando os rapaces e rapazas do pobo se disfrazan para saír e pasalo ben cos amigos.