Diferenzas entre revisións de «Bésta»

m
Correccións ortográficas
m (robot Añadido: eo:Arbalesto)
m (Correccións ortográficas)
O arco de madeira foi substituído por un potente arco metálico formado por unha ou varias láminas metálicas unidas. A corda vexetal ou de tripa trenzada foi substituida finalmente por arame. E a frecha de vara vexetal foi substituída por una seta curta e metálica, capaz de perforar as [[coirazas]]. Agregóuselle perpendicularmente ao arco un carril acanalado no que se aloxaba a seta e sobre o que se desprazaba violentamente a corda impulsora ou arame. Para flexionar o arco metálico e vencer a súa potente resistencia realizábanse diversas manobras. As primeiras consistiron en poñer o arco en terra e tensar o arame con ambas máns ou o pe ata trabalo nun gancho; máis tarde montáronse mecanimos diversos sobre o carril central. O máis exitoso e usado foi o tensado mediante torniquete a manivela. O arame poderosamente tensado e suxeito por unha traba, disparábase cun gatillo.
 
Esta arma mellorou radicalmente a eficacia do arco e frecha, pola súa grande potencia (o proxectil metálico perforaba unha [[loriga]] a 350 metros), precisión (ao poderse apuntar como un [[rifle]]) e eficiencia (era certeiro a maior distancia que a frecha, disparábase corpo a terra, a pe ou a cabalo e non precisaba tanta destreza como o arco para darlle ao branco. A súa lentitude de recarga era a principal desvantaxe. Nisto tomoulle vantaxe un novo arco aparecido por ese tempo en [[Gales]] ([[Illas Británicas]]): mentrasmentres o [[besteiro]] disparaba unha seta por minuto, no mesmo tempo un hábil e fornido arqueiro galés co seu enorme arco de 1,80 metros, lograba disparar dez frechas a casi 300 metros de distancia.
 
A resistencia das [[armadura]]s fora aumentando co progreso da [[siderurxia]], o que obrigou a aumentar o poder da bésta coa creación do arco de [[aceiro]] a comezos do [[século XIV]], que substituiu aos arcos de madeira e aos mixtos (madeira, tendóns e corno). A bésta constituiu o anticipo máis equivalente ás [[arma de fogo|armas de fogo]]. Como nestas, a besta gatillábase e apuntábase acercando o ollo ao extremo do carril setero para alinealo co branco a acertar; e a súa efectividade a distancia só foi superada pola [[pólvora]].
67.216

edicións