Marcela Gracia Ibeas e Elisa Sánchez Loriga: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 8:
 
== Primeiro encontro, separación e reencontro ==
Marcela e Elisa coñecéronse mentres estudaban na Escola Normal de Mestras da Coruña, onde se formaban as futuras profesoras de ensinanza primaria. A súa amizade deu paso a unha relación máis íntima. Os pais de Marcela, vendo que a amizade ía alén do [[Norma sexual|socialmente permitido]] e temendo un posible escándalo, enviaron a súa filla a [[Madrid]]. Pasou o tempo e ambas, unha na Coruña e outra en Madrid, remataron os seus estudos. Atoparíanse de novo cando Elisa foi destinada como mestra interina a [[Couso, Coristanco|Couso]], unha pequena parroquia de [[Coristanco]]. Preto, en [[Vimianzo]], na aldea de [[Calo, Vimianzo|Calo]], instalouse Marcela xa coma mestra superior. Decidiron vivir xuntas en Calo, onde Elisa exercía. En [[1889]], Marcela tivo que ir dar clases a [[Dumbría]] mentres Elisa ficaba en Calo, aínda que Elisa percorría polas noites varios quilómetros para poder ver a súa amante<ref name=ElMundo/>.
[[Ficheiro:A Coruña - Iglesia de San Jorge 01.JPG|miniatura|[[Igrexa de San Xurxo da Coruña|Igrexa de San Xurxo]], onde casaron.]]
Marcela e Elisa coñecéronse mentres estudaban na Escola Normal de Mestras da Coruña, onde se formaban as futuras profesoras de ensinanza primaria. A súa amizade deu paso a unha relación máis íntima. Os pais de Marcela, vendo que a amizade ía alén do [[Norma sexual|socialmente permitido]] e temendo un posible escándalo, enviaron a súa filla a [[Madrid]]. Pasou o tempo e ambas, unha na Coruña e outra en Madrid, remataron os seus estudos. Atoparíanse de novo cando Elisa foi destinada como mestra interina a [[Couso, Coristanco|Couso]], unha pequena parroquia de [[Coristanco]]. Preto, en [[Vimianzo]], na aldea de [[Calo, Vimianzo|Calo]], instalouse Marcela xa coma mestra superior. Decidiron vivir xuntas en Calo, onde Elisa exercía. En [[1889]], Marcela tivo que ir dar clases a [[Dumbría]] mentres Elisa ficaba en Calo, aínda que Elisa percorría polas noites varios quilómetros para poder ver a súa amante<ref name=ElMundo/>.
 
== Identidade falsa e matrimonio ==
 
Liña 15 ⟶ 16:
 
=== Consecuencias ===
[[Ficheiro:La Voz de Galicia 30 de junio de 1901.jpg|miniatura|esquerda|Portada de ''[[La Voz de Galicia]]'' do 30 de xuño de 1901.]]
Finalmente, os veciños non puideron seguir indiferentes ante o que, a partir dese intre, deuse en coñecer como o “matrimonio sen home”. A parella sería portada de xornais galegos e madrileños e, como consecuencia disto, foron excomungadas, perderon o seu emprego e ditouse unha orde de busca e captura<ref name=Espido/>. Semella que para que tivese lugar a [[excomuñón]], o párroco pediulle a un doutor que examinase a Mario para comprobar se era home ou muller<ref name="La Opinión">"La boda homosexual que la Iglesia olvidó anular", ''La Opinión'', 24-09-2006- Consultado el 17-06-2007</ref>. Mario accedeu e, cando o doutor emitiu o seu diagnóstico, tentou pasar por un [[hermafroditismo|hermafrodita]] cuxa condición fora diagnosticada en [[Londres]]<ref name="La Opinión"/>. A [[Garda Civil]] perseguiunas até a localidade de Dumbría, onde ambas exercían coma mestras. Tense constancia de que pasaron por [[Vigo]] e [[Porto, Portugal|Porto]] ([[Portugal]]) na súa fuxida. Nesta cidade, Elisa fíxose chamar Pepe e, de novo baixo a aparencia dunha parella heterosexual, as mulleres viviron como marido e muller durante dous meses.
 
O 1 de xullo de 1901 o xuíz [[Pedro Calvo Camina]] acordou procesalas e ordenar a súa busca e captura. O 18 de agosto, a petición da policía española, foron detidas e encarceradas.<ref name="BBC">{{Cita web | título=La fascinante historia de Marcela y Elisa, las pioneras lesbianas que se casaron en España (y tuvieron que huir a Argentina) | autor= Pablo Esparza | editorial=BBC Mundo |data=11 de noviembre de 2016| url =https://www.bbc.com/mundo/noticias-internacional-37946980 |dataacceso=17 de xullo de 2018|lingua=es}}</ref> Foron liberadas trece días despois porque un movemento solidario liderado por activistas portuguesas esixiu a súa liberdade,<ref name="Público2">{{cita web |autor= Henrique Martiño|url = http://www.publico.es/sociedad/marcela-elisa-matrimonio-lesbianas-gay.html | título = Marcela y Elisa, las únicas lesbianas que se casaron por la Iglesia | obra = Público |data= 22 de outubro de 2016 |dataacceso= 17 de xullo de 2018 |lingua= es}}</ref> realizándose ademais varias colectas públicas para axudalas economicamente. Entre tanto, Elisa xuraba que era un home para xustificar a situación. Porén, os dous médicos que a recoñeceron concluíron que o seu sexo era feminino e foi obrigada a vestirse de muller.<ref name="ElPaís3">{{cita web | autor= Cristóbal Ramírez|data= 14 de marzo de 2010 | url = http://www.elpais.com/articulo/portada/Marcela/Elisa/casadas/1901/elpepusoceps/20100314elpepspor_4/Tes | título = Marcela y Elisa, casadas en 1901 | obra = El País |dataacceso = 17 de xullo de 2018 |lingua= es}}</ref> A pesar do rebumbio, a administración española solicitou a extradición da parella e Portugal aceptouna. Non obstante, antes de ser enviadas a España, foron xulgadas e absoltas polos delitos que se lles imputaban nese país.<ref name="BBC"/>
Antes de escapar do Porto cara a América, Elisa e Marcela transformáranse nunha familia, pois Marcela dera a luz unha nena o 6 de xaneiro de 1902.<ref name="ElPais2">{{cita publicación periódica| apelidos= Belinchón | nome= Gregorio | título= El primer matrimonio de lesbianas en España, nueva película de Isabel Coixet | editorial= El País | data= 6 de febreiro de 2010 | url = https://elpais.com/cultura/2018/02/06/actualidad/1517913640_851858.html |dataacceso= 17 de xullo de 2018|lingua=es}}</ref> Subiron entón nun barco cara á [[Arxentina]], coma tantos outros galegos da época, onde pasaron a lúa de mel e, finalmente, ficaron a vivir.<ref>{{Cita novas|autor=Xosé Manuel Pereiro|data=2002-05-09|xornal=El País|título=Efeméride parroquial|url=https://elpais.com/diario/2002/05/09/agenda/1020895204_850215.html|lingua=es|issn=1134-6582|data-acceso=2018-07-06}}</ref> O desembarco en Buenos Aires, ese mesmo ano non foi doado. Traballaron como criadas durante un ano, mais o salario non daba para manter unha familia,<ref name="Público2"/> polo que tiveron que recorrer a novas estratexias para superar as circunstancias que impuñan a separación. Para iso Elisa, que nese país se indentificaba como María Sánchez Loriga, casou en 1903 co dinamarqués Christian Jensen, un home vinte e catro anos máis vello ca ela, para aposentarse nun fogar ao que facer chegar despois a Marcela, baixo a identidade de Carmen, como se fose a súa irmá, e a súa filla.
[[Ficheiro:Marcela Gracia Ibeas and Elisa Sánchez Loriga.jpg|miniatura]]
 
Co tempo e a negativa de Elisa (María) a consumar o matrimonio co seu home, xurdiron as sospeitas deste, o que o levou a pescudar e descubrir que María e Carmen eran efectivamente as célebres Elisa e Marcela das que tempo atrás informara a prensa.<ref name="Público"/> Víronse de novo enfrontadas aos tribunais ao tratar Jensen de anular o seu matrimonio. A sentenza ditaminou que o matrimonio si era válido por realizarse entre un home e unha muller, polo que non houbo cargos contra Elisa (María). Neste momento (1904) perdéuselles a pista. Algúns veciños de Dumbría espallaron un rumor, varios anos despois, sobor do falecemento de Elisa e o posterior casamento de Marcela cun home.<ref name=Galicia>{{Cita web| autor = Carlos Fernández| título = La primera boda sin hombre| publisher = La Voz de Galicia| data = 8 de xuño de 2001| url = https://www.lavozdegalicia.es/noticia/coruna/2001/06/08/primera-boda-hombre/0003_603476.htm| accessdate = 09-06-2018}}</ref>
 
En 2018 unha muller arxentina considerou a posibilidade de que a súa bisavoa fose Marcela Gracia Ibeas.<ref>{{Cita novas|título=Unha muller arxentina descobre á súa bisavoa a través do filme "Elisa e Marcela"|data-acceso=6 de xuño de 2019|data=5 de xuño de 2019|url=http://www.galiciaconfidencial.com/noticia/96118-muller-arxentina-descobre-bisavoa-traves-filme-elisa-marcela|xornal=[[Galicia Confidencial]]}}</ref>
 
[[Ficheiro:Marcela Gracia Ibeas and Elisa Sánchez Loriga.jpg|miniatura]]
== Impacto social e legado ==
En 1902 publicouse o libro ''La sed de amar'', do escritor [[Estremadura|estremeño]] [[Felipe Trigo]], que tivo unha gran repercusión na época.<ref>"El erotismo en las novelas de Felipe Trigo" de Alma Taylor Watkins (dispoñible en internet, páx. 102 do pdf).</ref> Esta obra incorpora a historia de Marcela e Elisa dándolles os nomes de Rosa e Claudia. O perfil das mulleres e a historia da súa relación transcribe con case total equivalencia a historia real. O propio autor fai constar a pé de páxina nalgunhas versións publicadas que a historia é real e que ocorreu na Coruña en 1901.<ref>"Decimonónica - Revista de producción cultural hispana" da [[Universidade do Norte de Illinois]]. Nesta revista aparece o artigo de Louise Ciallella: "Making Emotion Visible - Felipe Trigo and ''La sed amar''", que informa da publicación do libro e de como recolle as figuras de Marcela e Elisa.</ref>