Diferenzas entre revisións de «Marcela Gracia Ibeas e Elisa Sánchez Loriga»

sen resumo de edición
== Primeiro encontro, separación e reencontro ==
Marcela e Elisa coñecéronse mentres estudaban na Escola Normal de Mestras da Coruña, onde se formaban as futuras profesoras de ensinanza primaria. A súa amizade deu paso a unha relación máis íntima. Os pais de Marcela, vendo que a amizade ía alén do [[Norma sexual|socialmente permitido]] e temendo un posible escándalo, enviaron a súa filla a [[Madrid]]. Pasou o tempo e ambas, unha na Coruña e outra en Madrid, remataron os seus estudos. Atoparíanse de novo cando Elisa foi destinada como mestra interina a [[Couso, Coristanco|Couso]], unha pequena parroquia de [[Coristanco]]. Preto, en [[Vimianzo]], na aldea de [[Calo, Vimianzo|Calo]], instalouse Marcela xa coma mestra superior. Decidiron vivir xuntas en Calo, onde Elisa exercía. En [[1889]], Marcela tivo que ir dar clases a [[Dumbría]] mentres Elisa ficaba en Calo, aínda que Elisa percorría polas noites varios quilómetros para poder ver a súa amante<ref name=ElMundo/>.
[[Ficheiro:A Coruña - Iglesia de San Jorge 01.JPG|miniatura|[[Igrexa de San Xurxo da Coruña|Igrexa de San Xurxo]], onde casaron.]]
 
== Identidade falsa e matrimonio ==
 
 
En 2018 unha muller arxentina considerou a posibilidade de que a súa bisavoa fose Marcela Gracia Ibeas.<ref>{{Cita novas|título=Unha muller arxentina descobre á súa bisavoa a través do filme "Elisa e Marcela"|data-acceso=6 de xuño de 2019|data=5 de xuño de 2019|url=http://www.galiciaconfidencial.com/noticia/96118-muller-arxentina-descobre-bisavoa-traves-filme-elisa-marcela|xornal=[[Galicia Confidencial]]}}</ref>
[[Ficheiro:Marcela Gracia Ibeas and Elisa Sánchez Loriga.jpg|miniatura]]
 
== Impacto social e legado ==
[[Ficheiro:Marcela Gracia Ibeas and Elisa Sánchez Loriga.jpg|miniatura]]
[[Ficheiro:Rótulo - Rúa Marcela e Elisa.jpg|miniatura|esquerda|Rótulo da rúa Marcela e Elisa na Coruña]]
En 1902 publicouse o libro ''La sed de amar'', do escritor [[Estremadura|estremeño]] [[Felipe Trigo]], que tivo unha gran repercusión na época.<ref>"El erotismo en las novelas de Felipe Trigo" de Alma Taylor Watkins (dispoñible en internet, páx. 102 do pdf).</ref> Esta obra incorpora a historia de Marcela e Elisa dándolles os nomes de Rosa e Claudia. O perfil das mulleres e a historia da súa relación transcribe con case total equivalencia a historia real. O propio autor fai constar a pé de páxina nalgunhas versións publicadas que a historia é real e que ocorreu na Coruña en 1901.<ref>"Decimonónica - Revista de producción cultural hispana" da [[Universidade do Norte de Illinois]]. Nesta revista aparece o artigo de Louise Ciallella: "Making Emotion Visible - Felipe Trigo and ''La sed amar''", que informa da publicación do libro e de como recolle as figuras de Marcela e Elisa.</ref>
 
En 2003, o redactor xefe da [[cadena SER]] Isaías Lafuente publicou o libro ''Agrupémonos Todas'' (2003), no que fixo un percorrido polo máis destacado do [[feminismo]] no século XX. Nesa obra sinala a historia de Marcela e Elisa como un dos feitos máis significativos relacionados con este movemento acontecidos en Galicia xunto coa figura de [[Emilia Pardo Bazán]].<ref>{{Cita web|url=http://www.felgt.org/temas/varios/i/14114/106/fallado-el-premio-marcela-y-elisa|páxina-web=FELGTB|título=Fallado el Premio Marcela y Elisa|urlarquivo=https://web.archive.org/web/20070927015451/http://www.felgt.org/temas/varios/i/14114/106/fallado-el-premio-marcela-y-elisa|data-acceso=7 de xullo de 2018|lingua=es|dataarquivo=27 de setembro de 2007|urlmorta=si}}</ref>
[[Ficheiro:Rótulo - Rúa Marcela e Elisa.jpg|miniatura|esquerda|Rótulo da rúa Marcela e Elisa na Coruña]]
 
O 18 de decembro de 2008 presentouse no paraninfo da [[Universidade da Coruña]] o libro de [[Narciso de Gabriel]] ''Elisa e Marcela - Alén dos homes'', traballo de máis de 300 páxinas que recolle o periplo da parella entre que fuxiron da Coruña en xuño de 1901 ata o ano 1904.
 
 
== Véxase tamén ==
{{Commonscat}}
=== Bibliografía ===
*{{Cita libro|título=Elisa e Marcela. Alén dos homes|autor={{Versaleta|[[Narciso de Gabriel|de Gabriel, N.]]}}|editorial=Edicións NigraTrea|ano=2008|ISBN=978-8495364753|ref=|serie=Brétema}}
199.109

edicións