Grupo de teatro O Facho: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Arranxos varios
m Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores)
Liña 88:
Outros poucos anos han de pasar para que O Grupo de Teatro, agora baixo a dirección de Antón de Santiago, volva aos escenarios, e faino con dúas obras curtas que conforman un só espectáculo de humor: ''Xan Barallocas'', de Giovacchino Forzano, en versión do director do Grupo, fundamento da trama da ópera de [[Giacomo Puccini|Puccini]] que é un comentario anónimo florentino sobre ''[[A Divina Comedia]]'' de [[Dante Alighieri]]; e ''Anxélica nas portas do Ceu'', de [[Eduardo Blanco Amor]].
 
Con escenografía de Francisco Vila, actuaron nas dúas comedias: Teresa Taboada, Xosé Rei, Roberto Gómez, Eva Veiga, César Cambeiro, María Xosé Fernández, Paco Vila, Ernesto Regueiro, Vicente García, Antón de Santiago, María do Mar Santiago, Agustín Hervella, Carlos Carretero, Luisa Fernández-Miranda e Teresa Gómez. A estrea tivo lugar o 28 de Xuñoxuño de 1990 no Teatro Calvo Sotelo (Cidade Escolar). Os ensaios fixéranse no Colexio Labaca. O 19 de decembro, celebrando os 25 anos da fundación do Grupo de Teatro, tivo lugar, no Centro Fonseca, unha mesa redonda, con algún dos directores que foran do mesmo: F.Pillado Mayor e Xosé M. Rabón, ademais do director nese momento, A. de Santiago, que falaron da Función do teatro amador no panorama teatral galego. O día 20 de decembro, no Teatro Colón, tiveron lugar dúas representación do espectáculo de humor citado, con entradas a prezo reducido para estudantes, que acudiron masivamente.
 
== Véxase tamén ==