Maruxa Boga: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
elimino sintaxe desbotada
mSen resumo de edición
Liña 4:
 
'''María Josefina Boga Romaní''', máis coñecida como '''Maruxa Boga''', nada en [[Buenos Aires]] en [[1915]] e finada o [[26 de xullo]] de [[2010]], foi unha locutora de radio, [[actor|actriz]] e [[xornalismo|xornalista]] [[Galicia|galega]].
 
== Orixe ==
Maruxa Boga é filla dos galegos Leandro Boga, oriundo de Lestrove, no concello de Dodro e de María Romaní, oriunda de Noia, que emigraron á Arxentina na primera vaga migratoria galega do s.XX.<ref>{{Cita web|url=http://culturagalega.gal/album/detalle.php?id=299|páxina-web=CULTURA GALEGA|título=Álbum de Mulleres|data-acceso=26/06/2020}}</ref>
 
== Traxectoria ==
Filla dos galegos Leandro Boga e María Romaní, do [[Península do Barbanza|Barbanza]], comezaComeza a súa traxectoria como locutora de [[radio (medio de comunicación)|radio]] no programa ''Galicia'', que dirixía a actriz [[Maruxa Villanueva]]. O [[5 de agosto]] de [[1945]] comeza a presentar, a canda o actor [[Fernando Iglesias Sánchez]], "Tacholas" e o seu home, o xornalista [[Alfredo Ángel Aróstegui]], o programa de radio ''Recordando a Galicia'' na emisora arxentina Radio Rivadavia. Traballou tamén en Radio Excelsior, Radio Prieto, Radio del Pueblo, Radio Antártida etc.<ref name="GEG">''[[Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada|Gran Enciclopedia Galega]]''.</ref>
 
Fundou con Tacholas a compañía de [[teatro]] Boga-Tacholas, coa que, de 1941 a 1944, se dedicaron á representacións de [[comedia]]s, moitas delas de temática galega,<ref name="EGU">''[[Enciclopedia Galega Universal]]''</ref> principalmente da autoría de [[Manuel Daniel Varela Buxán]]. Interpretou a personaxe de Pimpinela de ''[[Os vellos non deben de namorarse]]'', baixo a dirección do propio Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, autor da peza.<ref name="GEG"/>