Gatocán: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Nova páxina: {{Serie_de_TV | nome = GatoCán | imaxe = | descrición = CatDog | formato = Animación | cámara = | dura...
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 15 de novembro de 2007 ás 20:59

GatoCán foi unha serie de debuxos animados americana do canal Nickelodeon, creada por Peter Hannan. Conta a historia de dous irmáns siameses: un gato intelixente e racional e un can idiota e alegre, ambos constitúen un corpo onde cada punta posúe unha cabeza e un par de patas. Os dous forman a criatura chamada GatoCán, CatDog na versión orixinal. Durou entre 1998 e 2001.

GatoCán
FormatoAnimación
Creado porPeter Hannan
IntérpretesAnimación
País de orixeEstados Unidos
Episodios331
Produción
Duración30 minutos por episodio, 15 por segmento
Emisión orixinal
Canle de orixeNickelodeon
Primeira emisión4 de outubro de 1988
Derradeira emisión9 de xuño de 1996
Na rede
http://www.nicksplat.com/social-wall/cat-dog
IMDB: tt0154061 Allocine: 5008 TV.com: shows/catdog Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

GatoCán foi separado dos seus pais (un sapo e unha criatura peluda, estilo Home do Ieti ou Pés Grandes) por un tornado. Dende entón viven nunha casa con formato de peixe e óso na cidade de Pretoburgo (Nearburg), xunto cun rato azul.

GatoCán sempre se mete en confusos enredos cunha banda de cans, formada polo xefe Blefe, xunto con Biluca e Chilique.

O programa nunca foi moi popular en ningunha parte do mundo, pero posúe unha relativa lexión de fans de proporcións razoables, formada principalmente polo público prescolar e preadolescente, non obstante, ten algunha mensaxe máis dirixida ós adultos. No Xabarín Club (TVG) foi emitido por primeira vez no 2004.