Diferenzas entre revisións de «Pedro Barrié de la Maza»

[[Ficheiro:Avenida Pedro Barrie de la Maza.001 - A Coruña.jpg|miniatura|Placa da Avenida Pedro Barrié de la Maza.]]
[[Ficheiro:Fundación Barrié (1).JPG|miniatura|Edificio da Fundación Pedro Barrié de la Maza na Coruña.]]
Fillo de [[Pedro Barrié Pastor]], herdeiro do [[Banco Pastor]]. Estudou a carreira de Comercio na Escola Superior de Comercio da [[A Coruña|Coruña]], e logo ampliou os seus estudos financeiros en [[Gran Bretaña]], [[Alemaña]] e [[Francia]]. Á súa volta comezou a traballar no negocio do pai e en [[1915]] foi nomeado socio e xerente da empresa, coa razón social Sobrinos de José Pastor. Cando morreu o seu pai en [[1919]], quedou á fronte da sociedade xunto ao curmán deste, [[Ricardo Rodríguez Pastor]]. En [[1925]] produciuse unha escisión en Sobrinos de José Pastor, a parte bancaria constituíuse en sociedade anónima e pasou a chamarse [[Banco Pastor]]. Barrié de la Maza, accionista maioritario da nova entidade, cedeulle a presidencia a Ricardo Rodríguez, desempeñando el os cargos de vicepresidente e director xeral. En [[1939]] faleceu Rodríguez Pastor e Pedro Barrié foi nomeado presidente.
 
Foi un dos principais financeiros do bando nacional durante a [[guerra civil española]], motivo polo cal [[Francisco Franco|Franco]] concedeulle importantes privilexios. O 5 de decembro de 1938, xunto con [[Julio Muñoz Aguilar]], gobernador civil da Coruña, promoveu a adquisición mediante unha subscrición popular do [[Pazo de Meirás]], que fora de [[Emilia Pardo Bazán]], para convertelaconvertelo en residencia de verán do xeneral Franco.
 
En 1937 asumiu a presidencia da Sociedad General GalegaGallega de Electricidad, creando a partir dela en [[1943]] a empresa de electricidade [[Fenosa (1942)|Fuerzas Eléctricas del Noroeste S.A. (FENOSA)]], hoxe [[Gas Natural Fenosa]], e desde [[1939]] ata [[1971]] dirixiu o principal banco de [[Galicia]] ([[Banco Pastor]]), participando así no desenvolvemento económico de [[Galicia]].
 
Foi presidente de Astilleros ey Talleres dodel Noroeste, S.A. ([[ASTANO]]) desde [[1948]] ata [[1971]]. Desde [[1944]] ata [[1971]] foi Presidente da Xunta de Obras do Porto da [[A Coruña|Coruña]] construíndo, entre outras cousas, o dique de abrigo.
 
Promoveu ou presidiu moitas outras empresas como [[Aluminio de Galicia]], [[Gas Madrid]], [[La Toja]], [[Minero Siderúrgica de Ponferrada]], [[PEBSA]] etc.
869

edicións