José Ferrer de Couto: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
+ referencia
Liña 11:
Marchou a [[Nova York]] en [[1860]], onde fixo fortuna. Ao falecer o propietario e director de ''La Crónica'' de Nova York, que defendía os intereses españois nos Estados Unidos, encargáronlle dirixila en 1863. Preferiu fundar e editar un novo periódico, ''El Cronista de Nueva York'', que tamén dirixiu e desde onde denunciou as piraterías contra as repúblicas hispanoamericanas e contra as illas españolas, apoiando ao embaixador e escritor [[Gabriel García Tassara]]. Dedicouse a esmiuzar e desentrañar as mentiras da prensa estadounidense, e loitou contra os independentistas cubanos emigrados. Tamén escribiu ''Cuba puede ser independiente''.
 
Encabezou nos estados do norte a oposición aos plans abolicionistas de [[Abraham Lincoln]] co seu libro de 1864 ''Los negros en sus diversos estados y condiciones, tales como son, como se supone que son y como deben ser'', publicado simultaneamente en inglés e español, e que lle atraiuprovocou a inquinaxenreira dos medios [[Abolicionismo|abolicionistas]]. É un estudo para xustificar económica, histórica e moralmente a práctica da [[escravitude]] -que Ferrer de Couto non recoñece como tal, senón como "traballo organizado dos negros"- e ten como propósito ser unha base de acordo para que os dous bandos da [[Guerra de Secesión]], o norte de Lincoln e o sur de Jefferson, a preserven sexafose cal forafor o resultado final da guerra:
 
:''Tratando de facilitar un acomodamento honroso entre o Norte e o Sur dos Estados Unidos pensáronse e escribíronse todos os argumentos deste libro''.
 
Ferrer de Couto entende que a escravitude dos negros é en realidade "o rescate de aqueles infelices" das súas "atroces" condicións orixinais en África e que a "aplicación das súas forzas á agricultura e á industria é un feito civilizador e humanitario". Non dubida en atribuiratribuír historicamente a España e Portugal a responsabilidade do tráfico de escravos a gran escala. Estima que este fluxo permitiu "arrincalos dos altares do Demo e trasplantalostransplantalos a terras cultas onde por fin alcanzaban o coñecemento de Deus e da vida social, polos camiños da relixión e o traballo". Para reforzar este argumento fai unhas detalladas descricións da brutalidade que impera nas nacións de África occidental dende que a influencia española e portuguesa foi desprazada polos "filántropos" ingleses e franceses.
 
José Ferrer de Couto está enterrado en [[Nova York]], como era o seu desexo. Cando morreu, o ''[[New York Times]]'' dedicoulle unha extensa e eloxiosa necrolóxica.