Douglas DC-8: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
m Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores)
Breobot (conversa | contribucións)
m Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores)
Liña 52:
O primeiro DC-8 saíu da nova factoría de [[Long Beach]] en abril de [[1958]], e realizou o seu primeiro voo en maio. Ese mesmo ano unha versión máis longa do Comet finalmente regresou ao servizo, pero demasiado tarde para facerse cunha substancial porción do mercado: de Havilland tiña só 25 pedidos. En outubro Boeing comezou a entregar os seus 707 a Pan Am. Douglas fixo un grande esforzo para pechar o oco que a separaba a Boeing, usando non menos de dez avións para as probas de voo e así conseguir a certificación da FAA para a primeira das variantes do DC-8 en agosto de [[1959]].
 
O DC-8 realizou o seu primeiro voo comercial con [[Delta Air Lines]] o [[18 de setembro]] de [[1959]], facendo o mesmo día pero máis tarde a súa estrea con [[United Airlines]]. Cara a maio de [[1960]] Douglas chegou á súa taxa de prodición prevista, de oito exemplares ao mes. A pesar da gran cantidade de primeiros modelos dispoñibles, todos usaban a mesma estrutura básica, diferenciándose só en motores, pesos e detalles. En contraste, Boeing ofrecía para o seu 707 varias lonxitudes de fuselaxe e dúas envergaduras distintas. A negativa de Douglas de ofrecer distintos tamaños de fuselaxe fíxoo menos adaptable e forzou a Delta e a United a buscar outros modelos de curto/medio alcance. Delta pedíu o [[Convair 880]], pero United decidiuse polo novo e máis lixeiro 707-020. Ademais Pan Am non encargou máis DC-8, e Douglas foi perdendo gradualmente cuotacota de mercado fronte a Boeing. Despois dun bo comezo, as vendas do DC-8 en [[1962]] caíron a só 26, seguidos por 21 en [[1963]] e 14 en [[1964]]. En [[1967]] Douglas fisionaríase con [[McDonnell Aircraft Corporation]], para converterse en [[McDonnell Douglas]].
 
O [[21 de agosto]] de [[1961]] un DC-8 pasou a barreira do son ao chegar a voar a Mach 1.012 (1.062 km/h) nun un picado controlado a 12.497 m, e mantívose nesa velocidade durante 16 segundos. O voo realizouse para recoller datos sobre o novo diseño da á, converténdose no primeiro reactor civil en realizar un voo supersónico. O avión era un DC-8-43 que posteriormente foi entregado a [[Canadian Pacific Air Lines]]. O aparello, tripulado polo capitán William Magruder, o priemiro oficial Paul Patten, o enxeñeiro de voo Joseph Tomich e o enxeñeiro de probas Richard Edwards, engalou na base Edwards da USAF, en California, e foi acompañado por un [[Lockheed F-104 Starfighter|F-104]] pilotado por [[Chuck Yeager]].