Lingua taxica: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breobot (conversa | contribucións)
m Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores)
Breobot (conversa | contribucións)
m Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores)
Liña 25:
O '''taxico''' (тоҷикӣ, en [[alfabeto cirílico|cirílico]], تاجیکی en perso-arábigo, [[Alfabeto fonético internacional|AFI]] <small>[tɔːdʒɪˈkiː]</small>) é unha [[Linguas iranias|lingua irania]] da mesma rama co [[lingua persa|persa]], falado por preto de sete millóns de persoas. O taxico contemporáneo, coma persa contemporáneo, é a continuación do persa clásico, ben coñecido polos documentos escritos que se remontan aos séculos IX e X d. C. É o idioma oficial en [[Taxiquistán]]<ref>[[Constitución de Taxiquistán]]</ref>, aínda que tamén se fala nos países limítrofes, principalmente en [[Afganistán]], no [[Uzbekistán]] e en [[Kirguizistán]].
 
O fraccionamento político característico da época feudal e a ausencia de lazos estables económicos e culturais entre as distintas rexións nas que vivían os falantes taxicos, facilitaron o nacemento e mantemento nesas rexións de dialectos variados. Foi só tra-lotralo triunfo da [[Revolución de 1917]] e a consolidación do poder soviético no territorio de Asia Central cando se abre un proceso para concentrar os varios dialectos cara un taxico literario contemporáneo. Naturalmente, trala desintegración da Unión Soviética e a recuperación da soberanía nacional ese proceso cambiou de mans e agora é a Academia das Ciencias do Taxiquistán a encargada de facer esa labor. O idioma estándar baséase nos dialectos do noroeste de '''Taxiq''' (rexión da antiga cidade de [[Samarcanda]]), que foron considerablemente influenciados pola [[lingua uzbeka]], como resultado da proximidade xeográfica.
 
Un grande mérito do estudo do taxico e dos seus dialectos débese enteiramente aos estudosos ruso-soviéticos. Do período pre-revolucionario destacan O.I. Senkovskij e V.V. Grigoriev que por primeira vez sinalaron algunhas características gramaticais e léxicas da lingua dos autores centro-asiáticos. Tamén C. Salemann dirixiu a súa atención á fonética taxica a partir de textos xudeu-persas de [[Bukhara]] (ademais de diferentes estudos sobre o [[Lingua iagnobiana|iagnobí]]). No período soviético abriuse unha nova etapa no estudo da lingua e o achado de solucións para a creación dunha nova lingua literaria, dunha ortografía, dunha terminoloxía etc. E foi sobre todo grazas aos traballos de I.I. Zarubin e dos seus discípulos que se desenvolveu a mediados dos anos vinte do século XX o estudo dos dialectos e da fonética do taxico.