Ulrich Beck: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breobot (conversa | contribucións)
m Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores)
Breobot (conversa | contribucións)
m Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores)
Liña 18:
 
== O seu pensamento ==
Pódese ver como ao longo das súas obras Beck se sitúa nunha posición crítica, enfrontándose ás correntes do [[postmodernismoposmodernismo]]. Desta maneira, e xunto con [[Anthony Giddens|Giddens]], [[Zygmunt Bauman|Bauman]] e [[Scott Lash]], defende a socioloxía reflexiva, para non abandonar a análise crítica fronte aos problemas actuais. Beck achégase aos problemas da nova sociedade, que non son os mesmos que describía a socioloxía das sociedades precedentes, e atopa unha fonte de incerteza, inseguridade e riscos. A sociedade posmoderna asume unha carga de risco na súa propia identidade que encerra unha grave contradición: o perigo de supervivencia da especie. A "rendibilidade" do sistema corre o risco da incerteza; non parte da asunción da seguridade e dun escenario sustentable en termos ecolóxicos, senón que coñece que existen marxes de perigo para a especie cunha cobertura que non é, paradoxalmente, prioritaria nun sistema guiado pola obtención de beneficios e unha representación retórica da [[racionalidade]] que oculta a racionalidade. Os [[medios de comunicación]] teñen un papel moi importante na representación dos riscos e a procura de solucións, aumentando o poder e o control social. O pensamento de Beck está marcado polas constantes dunha sociedade sometida a fortes riscos e a procesos de individualización. Para el a actualidade fórmase coas noticias das catástrofes ecolóxicas, as crises financeiras, o terrorismo, as guerras preventivas.
 
Beck distingue unha primeira modernización, que discorre ao longo da industrialización e a creación da sociedade de masas, dunha "segunda modernización", propia dunha sociedade que tende á globalización e está en constante desenvolvemento tecnolóxico. Na era industrial a estrutura cultural e social era a familia, pero logo ese núcleo rompe dando lugar á individualización, aumentándose a incerteza do individuo na sociedade de risco. Parece ser que isto é produto do [[neoliberalismo]] económico, e non só afecta o plano persoal, senón tamén ás institucións.