Acoirazado Bismarck: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores)
Breobot (conversa | contribucións)
m Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores)
Liña 92:
Tanto o ''Bismarck'' como o ''Prinz Eugen'' comezaron a disparar contra o ''Hood'' a unha distancia de 18 km. Os primeiros disparos dos alemáns foron moi precisos e en dous minutos o ''Hood'' recibira polo menos un impacto dun proxectil de 8 polgadas do ''Prinz Eugen''. Este golpeou ao barco británico preto mastro principal e causou un gran incendio que a tripulación procurou controlar. O ''Prinz Eugen'' acertou ao ''Hood'' tres veces durante o encontro. Porén, o ''Bismarck'' tamén foi alcanzado polo ''Prince of Wales'', causando unha fuga de combustible dos tanques dianteiros; polo tanto Lütjens ordenou que os seus canóns apuntasen ao ''Prince of Wales''. O supervivente do ''Bismarck'' Baron Burkard von Müllenheim-Rechberg inicialmente afirmou que os impactos nese barco foron realizados pola terceira salva do ''Hood''; porén, é igualmente probable que eses disparos procedesen do ''Prince of Wales'', xa que é seguro que o ''Hood'' tivo como obxectivo ao ''Prinz Eugen'' a meirande parte da batalla e que a orde de cambiar ao ''Bismarck'' fixo que case todos os seus disparos caesen entre os barcos inimigos, sen impactar a ningún deles. Ás 05:54 a distancia baixara aos 20 km, e ás 05:57 era xa de 17 km. O ''Bismarck'' entón disparou unha cuarta salva que foi lixeiramente longa e caeu cara a popa do ''Hood''. Ao mesmo tempo Holland ordenou xirar 20 graos a babor. Antes de que o barco comezase a virar o ''Hood'' disparou unha quinta salva ás 05:59:30.
[[Ficheiro:Sinking of HMS Hood.jpg|miniatura|esquerda|300px|Afundimento do ''Hood'' co ''Prince of Wales'' en primeiro plano]]
Ás 06:00 o ''Hood'', que estaba no medio da manobra de virar a babor para poder encarar con todo o seu armamento ao ''Bismarck'', foi alcanzado no medio do barco por polo menos un proxectil da quinta salva do ''Bismarck'' que estaba a uns 15 km. Moi pouco tempo despois os observadores de ambos bandos viron un enorme chorro de chamas eleándose cara o ceo, seguido do ruído dun estoupido que partiu o enorme barco en dous. Moitos rachos caeron sobre o ''Prince of Wales'', a 370 m de distancia. A popa do ''Hood'' elevouse e afundiuse pouco antes que a proa, todo iso en tres minutos. O Almirante Holland e 1.415 tripulantes afundíronse co barco. Só tres homes (Ted Briggs, Bob Tilburn e Bill Dundas) sobreviviron. Estes foron rescatados unhas dúas horas e media máis tarde polo destrutor ''Electra''. O Almirantado Británico posteriormente chegou á conclusión de que a explicación máis probable foi a penetración nos seus polvorínspolvoreiras dun único proxectil de 15 polgadas do ''Bismarck'', causando o posterior estoupido catastrófico.
 
O ''Prince of Wales'' tivo que virar cara a frota alemá para evitar golpear cos restos deixados polo buque insignia e foi alcanzado varias veces polos disparos dos dous barcos inimigos. Aínda así, o seu fogo causoulle danos ao ''Bismarck''. O acoirazado británico deu a volta, botando fume, e a súa torreta de popa disparou brevemente baixo o control local. O barco recibiu sete impactos (tres deles do ''Prinz Eugen'') e os fallos mecánicos causaron problemas intermitentes cos canóns principais e a súa torreta de popa deixou de funcionar mentres se afastaba.