Bieito XV, papa: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Arranxiños
Angeldomcer (conversa | contribucións)
Liña 47:
Giacomo Della Chiesa, que se converterá en Papa co nome de Bieito XV, nace en Xénova o 21 de novembro de 1854, era o terceiro dos catro fillos do marqués Giuseppe Della Chiesa -de familia patricia cuxos orixes se remontaban aos tempos de [[Ambrosio de Milán|San Ambrosio]]- e da marquesa de orixe [[Nápoles|napolitana]] Giovanna Migliorati.
 
Estuda como aluno externo no seminario da súa cidade e, na adolescencia anifestamanifesta o seu desexo de ser sacerdote, pero o seu pai éxíxelle que remate primeiro os seus estudos civiles. Así, despois de licenciarse en [[Dereito]], e co consentimento paterno, en [[1875]] ingresa no Colexio Capranicense de Roma e ordénase sacerdote o 21 de decembro de 1878. Admitido na Academia Pontificia dos Nobres Eclesiásticos, a actual Escola Diplomática Vaticana, ao rematar os estudos, en [[1883]] parte para Madrid, onde exerce funcións de secretario do nuncio [[Mariano Rampolla dei Tíndaro]], co que regresa en [[1887]] cando este é creado Cardenal e nomeado Secretario de Estado de [[León XIII]]. Durante o seu servizo na Nunciatura tivo un papel destacado na arbitraxe que [[Alemaña]] e [[España]] confiaron a [[León XIII]] para resolver o conflito que mantiñan pola posesión das [[Illas Carolinas]].
 
Funcionario e máis tarde substituto (adxunto) da Secretaría de Estado, primeiro con Rampolla e, durante o pontificado de [[Pío X]] co español [[Rafael Merry del Val]], é tamén profesor na Academia Pontificia dos Nobres Eclesiásticos.
 
Consagrado bispo por San [[Pío X]] na [[Capela Sistina]], o [[22 de decembro]] de [[1907]], é nomeado bispo de Bolonia, se que xa non deixará ata ser elixido Papa. O [[25 de maio]] de [[1914]] é creado cardeal. Menos de tres meses despois, o [[20 de agosto]], a consecuencia dun ataque de broncopulmonía, morre [[Pío X]].
 
Estamos no principio da [[I Guerra Mundial]]. O [[28 de xullo]], [[Austria-Hungría]] declara a guerra a [[Serbia]] e, pola súa banda, [[Alemaña]] declara o [[1 de agosto]] a guerra a [[Rusia]] e o [[3 de agosto]] a [[Francia]]. O [[4 de agosto]], o exército alemán, para atacar a [[Francia]], invade a neutral [[Bélxica]] e ese mesmo día [[Gran Bretaña]] declara a guerra a [[Alemaña]].